SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO

Boa semana familias e nenos e nenas

Envíovos as tarefas desta semana. Recordade que a medida que pasan os días os vosos fillos e fillas xa están cansos das tarefas escolares, estamos rematando maio, en cursos anteriores nestas datas xa estaban pensando nas vacacións….Estes días xa nos recordan o verán, estamos gozando de moi bo tempo. Polo que ser máis flexibles nas tarefas do cole e que vaian disfrutando do que xa poden ir facendo cada día.Teñen moito que recuperar; .xogos, correr, rir, pasear, pedalear, visitar ou ver aos familiares, amigos.. sempre cumprindo as normas de seguridade. Boa semana e seguimos na distancia.

As portadas dos traballos de Lingua e Lengua as poden inventar eles. Poden utilizar a técnica de collage con letras de xornais, folletos…

Apertas 

A profe, MªJosé

AdxuntoTamaño
ORGANIZADOR SEMANA 25-29.pdf1.56 MB
ESCRITURA NÚMEROS HASTA 99.pdf33.52 KB
NORMAS ESCRITURA NÚMEROS.pdf105 KB
LABERINTO CONTANDO HASTA 100.pdf682.36 KB
LENGUA 3.pdf297.11 KB
FALAMOS DO TEMPO.pdf1.19 MB