LUNS, 25 DE MAIO MÚSICA E.INFANTIL

Bo día, peques. Se pasastes unha fin de semana estupenda, agora toca agudizar o oído. Aquí vos propoño un xogo con cousas de casa.

Seguro que hai moitos sons que se escoitan por casa, que nos resultan familiares...Por exemplo, como soan as chaves cando abrimos a porta de casa, o batedor cando estamos na cociña, o teléfono que soa...Pois imos xogar a iso... animádevos a xuntar uns cacharriños e...a ver que soa.

 

E aquí uns exemplo das cousas tan chulas que facedes na casa. Moitísimas grazas, familias...

están a facelo de marabilla.