SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

Bo día familias e nenos e nenas:

Iniciamos unha nova semana chea de ilusión e moitas cousas por facer: ler, xogar pasear, correr, saltar, enredar por casa…e mil cousas máis.

Eu vos deixo unhas cantas propostas para facer estes días sobre todo non vos perdades “De eiruga a bolboreta” e os xogos de cálculo de mate , a lectura  “ Unha eiruga moi larpeira”…..

Debaixo poño o organizador semanal, pero só é unha captura de pantalla para ver todos os enlaces tedes que ir ao PDF Organizador semanal 18-22 maio . Tamén tedes os PDF de matemáticas e de plástica

Agardo que o pasedes moi ben co proxecto da bolboreta. Non puidemos vivilo xuntos, pero aí tedes case todo o que pasou.

Unha gran aperta e un saco cheo de bicos para todos.

A profe, MªJosé

 

 

 *Este é o noso proxecto de NATURAIS. Preme nel e xa accedes directamente.

 

AdxuntoTamaño
ORGANIZADOR SEMANAL 18-22 maio.pdf1.75 MB
Ciclo bolboreta.pdf99.99 KB
PÁXINAS WEB 1 MATEMÁTICAS.pdf177.43 KB
NÚMEROS HASTA 99.pdf59.84 KB
PLÁSTICA II.pdf407.79 KB
PORTADA MATEMÁTICAS.pdf163.77 KB