MARTES 12

Bo martes, como ides co reto?  tedes que tentar mellorar o traballo de onte.

 

Hoxe imos aproveitar os globos ou lubas do reto para facer un pouco de exercicio, xogaremos ao TENIS coa man.

Propóñovos montar un terreo de xogo, con dous campos separados por algún obxecto (moble, cadeiras, mesa...) e xogar a que non caia o globo no noso campo.

Podemos xogar aos puntos, cada vez que consigamos que caia o globo no terreo contrario sumamos 1 punto, e o que chegue a 10 puntos gaña, e voltamos a comezar.