MÉRCORES 29

OLA, HOXE SAÚDANOS PEDRO

 

 

Para os exercicios de hoxe ides necesitar algo que tedes en todas as casas, TOALLAS E PANOS DE COCIÑA.

Os escribo algúns exemplos e logo xa os adaptades ás vosas casas.

Cun pano:

  • Lanzar e recoller unha pelotiña.
  • Lanzar a pelotiña e que a recolla outro co seu pano.
  • Lanzar a pelotiña e intentar encestar nunha papeleira, bote, vaso...
  • Facer carreiras coa pelotiña sobre o pano sen que caia.
  • Facer as carreiras con duas ou máis pelotiñas,
  • Facer un barco, sombreiro... coma os de papel.

                      

Con toalla:

  • Colocarse de pé enriba da toalla e desplazarse pola casa sen sair dela.
  • O mesmo que antes, pero por parellas.
  • Colocarse sentado e que outro/s nos leve a dar un paseo.
  • Colocarse sentado e desprazarse coma se fósemos remando, cos pes fora da toalla.
  • Ir a gatas o máis rápido posible, coa toalla nas costas e sen perdela.
  • Agochar un obxeto debaixo da toalla sin que ninguén o vexa, e hai que adivinar ao tacto que é.

Cando rematemos podemos pedirlle aos nenos que dobren as toallas e os panos correctamente.

Non os olvidedes dos laberintos, mirade estos: