luns 27

Bo día!!

  

Esta semana os teño preparado outro reto. Consiste en construir un xogo dun LABERINTO. Necesitades unha caixa de cartón, uns cartóns dos rollos de papel de baño ou cocina, unha pelotiña e pinturas ou calqueira material que teñades por casa que sirva para decorar o xogo. Facelo con calma para que quede ben bonito e cando este rematado mandarme as fotos para compartir cos vosos compañeiros.

O exercicio que os teño preparado para hoxe é a carretilla. Tedes que recorrer a casa facendo a carretilla. Se queredes facelo mais difícil podedes levar un xoguete nas costas. Ir a modo para non mancaros. Os que poidades (sobre todo os maiores) durante o percorrido, intercalar 3 flexións de vez en cando nesa mesma posición de carretilla.

 

Logo dun descanso tedes que facer a carretilla pero boca arriba. Tamén podedes levar un xogete agora sobre a panza.

Para rematar toca facer uns abdominais, 3 series, o número dependerá do que cada quen aguante.  Deíxovos uns exemplos, facer o que máis vos guste.