VENRES 24

Hoxe é Sara a que nos desexa bo día

 

Último día para facer os BURPEES, hoxe tedes que dalo todo. Ídeme contando os vosos rexistros.

 

O seguinte traballo de venres consiste en facer distintas carreiras:

  • Correndo, de costas, cos pes xuntos, cunha soa perna, coa outra...
  • Variando a forma de sair, de pe, de costas, sentados, deitados...
  • Levando unha pelotiña nunha culler que levamos na boca (este facelo mellor camiñando para evitar perigos)
  • Por parellas, transportando unha pelota, poñéndoa entre as frontes, as costas, os ombreiros...

 

Todos os que poidades, facer os exercicios ao aire libre, e os que non poidades pensade que xa falta pouco para poder sair.

 

A semana que ven, vannos  facer falla, unha caixa de cartón mediana e algúns cartóns do interior dos rollos de papel de cocina e hixiénico, ide gardado algún.