A MÚSICA E OS LIBROS 23 DE ABRIL

A relación entre a música e a literatura sempre foi moi estreita.

Hai moitas melodías que cantamos que son poemas gardados nos libros de escritores famosos ou clásicos, e hai moitas outras inspiradas en libros ao longo de toda a historia.

Música e literatura compleméntanse de xeito excepcional, dende a música da Idade Media, onde ían sempre da man, ou exemplos na música clásica; a Traviata de Verdi, baseada na novela “La dama de las Camelias de Alejandro Dumas ou Madame Butterfly de Puccini, baseada no conto de “Madame Butterfly de John Luther Lon.

En tempos recentes hai outros exemplos de músicas inspiradas en contos e libros famosos. George Orwell, Lewis Carrol, Edgar Allan Poe ou Shakespeare.

Cantamos moitas melodías sen ser conscientes de que con elas estamos a rendir homenaxe a escritores que foron capaces de crear historias incribles que nos transportan a outros mundos e que contribuíron ao desenvolvemento da música.

Aquí vos deixo uns cantos exemplos doutros moitos que existen.

 

A obra de Peter Pan de J. M. Barrie. Esa da que tantas veces se fala. O medo a facerse maior, os soños e a ilusión da infancia, inspirou ao grupo “El canto del loco” a facer o tema Peter Pan.

PETER PAN

Un grupo de pop- rock español, “Radio Futura” puxo música a un poema de Edgar Allan Poe e crearon o tema “Annabel Lee”.

ANNABEL LEE

 

Lewis Carrol e o seu conto “Alicia en el país de las maravillas”inspirou a Enrique Bunburi, un dos músicos do grupo “Héroes del silencio”, a facer o tema “Alicia expulsada del país de las maravillas”.

 

ALICIA

 

Un conto do escritor Boris Vian, foi a inspiración que tiveron os músicos de “La Unión” para facer a canción Lobo- hombre en París.

LOBO

E así, unha chea de melodías que podes buscar e te decatarás de que a música e os libros son “amigos íntimos”.

 

LIBROS E MÚSICA EN GALEGO

En Galicia pásanos exactamente o mesmo. Hai moitísimos grupos e cantantes que se inspiran en poemas de autores e autoras de libros.

Rosalía de Castro é unha das autoras máis cantada polos nosos músicos.

Seguro que lembrades ese poema dela que di:

Adiós Ríos, adiós fontes

 

Adiós regatos pequenos...

ADIÓS

 

Un poeta, Luis Álvarez Pousa foi quen inspirou ao grupo “Fuxan os Ventos”, xa van uns cantos anos, unha canción que logo, na súa época foi moi famosa. Chámase “Sementeira”

SEMENTEIRA

Álvaro Cunqueiro é outro dos poetas da nosa cultura.E unha das súas poesías, titulada “No niño novo do vento” tamén foi cantada por varios músicos e grupos galegos.

NO NIÑO NOVO DO VENTO

Almudena Janeiro, escolleu unha morea de contos de moitos autores internacionais e fixo un libro- disco nos que lle puxo música...

PACO-PAPÁN

 

Estes son uns poucos exemplos dos moitos que podedes atopar.

Ocórresevos algún máis? Seguro que si,pois a investigar e xa me contaredes.