Skip to Content

Novas

Bases e convocatoria do Concello para a concesión de bolsas de comedor escolar, adquisición de material escolar e actividades extraescolares. Curso 2023-2024

O obxecto desta convocatoria é regular o procedemento para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares ás unidades familiares e de convivencia do Concello de Santiago de Compostela que teñan persoas menores de idade ao seu cargo escolarizadas en centros docentes públicos ou concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela, e que estean matriculadas ou teñan reserva de praza para o curso 2023/2024, de conformidade cos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.

Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (do 24/02/2023 ao 9/03/2023).

 

Para máis información pincha AQUI 

 

 

AGRADECEMENTO PARA AS NOSAS FAMILIAS

 

Estimadas familias, 

 

Non hai verbas para explicar o agradecidas que estamos con todas e todos vós. Sen o voso empuxe, traballo duro, dedicación e apoio nestes últimos días o centro non luciría esplendoroso como hoxe. Fostes, e sodes, un gran exemplo para as vosas (e nosas) crianzas. Unha aprendizaxe de traballo en comunidade que de seguro non se esquecerá facilmente.

Xuntas facemos o Xixirei.

 

Grazas. Grazas. Grazas. 

 

A equipa directiva.

BANCO DE AVEÑOS

Estimadas familias:

Xa de novo no centro escolar, escribimos para pedir, e logo poder ofrecer.

Temos o "Banco de Aveños" onde podemos ir "cedendo" distintos materiais e utensilios que xa non usades, maiormente porque van medrando as crianzas, e outras mais pequenas do centro poden reutilizar.

O que solicitamos son:

- Roupa de augas (Botas de auga, chuvasqueiros, pantalóns ou monos+botas incorporadas todo impermeable, que estea nun estado aceptable para que o continúe a gastar outra crianza).
- Mandilóns para infantil (se non están moi magullados, valerán para seguir pintando e pringándose)
- Libros do currículo escolar (xa sexan das lecturas recomendadas ou dos propios cursos, que poidan ser reutilizados)

Neste momento ofrecemos:


- 4 pares de botas de auga, das tallas 22, 23, 25 e 33.
- Moitos patíns, para a extraescolar de patinaxe, que publicaremos cando se oferten as actividades.

Para ofrecer calquera material so tendes que cubrir este sinxelo formulario:
https://form.jotform.com/210883794430359

Para solicitar as botas que hai agora mesmo, so tendes que escribir un correo-e a material.landras@gmail.com e xa vos poñen en contacto co doador para que fagades a entrega.

Para solicitar material o único requisito é ser do Xixirei.

Moitas grazas.

ANPA LANDRAS

REUNIÓNS DE INICIO DE CURSO COAS FAMILIAS

 

REUNIÓN COAS FAMILIAS DE 3º DE PRIMARIA: LUNS 26 DE SETEMBRO, ÁS 18H.

ACTIVIDADES DE VERÁN NOS CENTROS SOCIOCULTURAIS DO CONCELLO DE SANTIAGO. PRAZO DO 5 AO 20 DE MAIO

ACTIVIDADES DE VERÁN NOS CENTROS SOCIOCULTURAIS DO CONCELLO DE SANTIAGO.

PRAZO DO 5 AO 20 DE MAIO

 

 FOLLETO INFORMATIVO

 

 

 

CATIVADAS DE VERÁN NOS CSC URBANOS : 

FICHA DE INSCRICIÓN 

 

CATIVADAS DE VERÁN NOS CSC DO RURAL:

 FICHA DE INSCRICIÓN //

 

 CLUBS DE VERÁN. FICHA DE INSCRICIÓN.

CONVOCATORIA DE BOLSAS DE COMEDOR, ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

CONVOCATORIA DE BOLSAS DE COMEDOR, ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL E EDUCACIÓN PRIMARIA PARA O CURSO ESCOLAR 2022/2023.

 

 

BASES DA CONVOCATORIA

 

IMPRESOS DE SOLICITUDE

 

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DEPUTACIÓN DA CORUÑA.

ACTUALIZACIÓN DO BANCO DE AVEÑOS DA ANPA LANDRAS - CEIP MESTRE RODRÍGUEZ XIXIREI

Bo día familias.

Deixamos aquí o listado do material “depositado” ate o momento no banco que creamos, por se precisades solicitar algo do que está dispoñible. Para solicitar algo, escribide a Óscar (material.landras@gmail.com).

Seguimos precisando mais cousas. Sobre todo as bicis e patinetes para infantil. No cole quixeran ter cando menos 25 para poder usalos cada aula.Esta listaxe é das cousas que se precisan ou podemos compartir. Para calquera cousas que queirades doar ó banco, lembrade cubrir sempre o formulario, xa sexa para cousas que van fisicamente ó cole, como para cousas que quedan nas vosas casas ate que alguén o solicite: https://form.jotform.com/210883794430359

 

- Patinetes ou bicicletas para 3 a 6 anos.

Son para uso das crías de infantil na escola. Precisamos 25 unidades. Irán directamente á escola e non ó banco.

- Libros de lecturas recomendadas do currículo escolar.

Todos aqueles libros que merquedes para a escola dos que nos solicitan, se non son de cubrir ou traballar neles, das lecturas, que unha vez non os vaiades usar mais, poderán ser reutilizados por outras crías cando cheguen ó curso deses libros. Estes irán ó banco.

- Roupa de augas.

Botas de auga, chuvasqueiros, pantalóns e monos impermeables que xa vos queden pequenos e non estean moi gastados, poderán ser aproveitados polas que veñen detrás.

- Mandilóns de infantil.

Se non están moi magullados, valerán para seguir pintando e pringándose.

 

Poden consultar a listaxe aquí

Distribuir contido


by Dr. Radut