Calendario do periodo de adaptación 4º de Infantil 2019/2020

Enviado por nataliaig o Xov, 04/07/2019 - 14:12

Calendario do periodo de adaptación de 4º de Educación Infantil para o curso 2019/2020.

Por favor, prema no enlace para consultalo.

( categories: )

LIBROS DE TEXTO CURSO 2019-20

Enviado por 0 o Mar, 02/07/2019 - 10:51

No enlace inferior, pode acceder ao documento cos libros de texto que se utilizarán no curso 2019-20:

 

     

 

      AVISOS:

  • O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria non utiliza libros de papel, xa que ao estar no programa E-DIXGAL, usan materiais dixitais.
  • Todos os alumnos de 3º e 4º curso de primaria contan con libros do Fondo do Colexio, polo que só deben mercar o Activity Book de inglés e o libro de música (por non poder reutilizarse).

 

( categories: )

COMEDOR ESCOLAR 2019-20

Enviado por 0 o Mér, 26/06/2019 - 10:31

 LUGAR E PRAZOS DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE INSCRICIÓN

 

  • Prazo de matrícula: do 25 de xuño ata o 22 de xullo 2019 (ambos os dous incluídos).
  • O impreso de solicitude de matrícula, debidamente cuberto entregarase no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (Rúa do Presidente Salvador Allende 4, Galeras) ou no Rexistro auxiliar do Centro Sociocultural do Ensanche (Frei Rosendo Salvado, 14-16 Baixo), nos prazos establecidos.
  • O modelo oficial poderá descargarse da páxina web do Concello de Santiago de Compostela www.santiagodecompostela.gal ou solicitalo no Departamento de Educación e Cidadanía (Edificio CERSIA, Rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n), así como nos centros de ensino obxecto desta convocatoria. 

Os servizos de comedor e madrugadores prestaranse todos os días lectivos do curso escolar, dende o primeiro ata o derradeiro día establecidos no calendario escolar 2019/2020, nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, isto é o período comprendido entre o 11 de setembro de 2019 e o 19 de xuño de 2020 (ambos os dous inclusive).

 

IMPRESO DE SOLICITUDE

INFORMACIÓN

 

( categories: )

II Feira Solidaria

Enviado por 0 o Xov, 13/06/2019 - 10:26
     
 

Este pasado martes, 11 de xuño, celebramos a II Feira Solidaria no colexio, e foi unha  experiencia moi interesante, pois houbo unha gran participación de toda a comunidade escolar, especialmente pola colaboración e implicación das familias, que fixeron posible coas súas aportacións (artigos para vender, comida, traballo) e a súa participación unha gran feira, na que ademais pasámolo moi ben. É difícil amosar nunhas liñas a extraordinaria xornada que vivimos todas e todos, estamos felices e sentimos moito orgullo de pertencer a esta comunidade educativa!  Agradecemos de maneira especial o traballo que levaron a cabo as persoas da ANPA e a todos e todas quen dedicaron o seu tempo e traballo para que a feira fose un éxito.

Nestas imaxes podedes ver algunhas das actividades que se fixeron neste día, aínda que non fan xustiza ao que se viviu, pois as imaxes non son quen de transmitir a experiencia vivida!

 

Moitas gracias a todas e todos!

FEIRA SOLIDARIA 2019

Enviado por 0 o Lun, 10/06/2019 - 12:44

 Mañá martes convidámosvos a todas e a todos a asistir pola tarde á FESTA SOLIDARIA, que se celebrará deste as 16:30 ata as 19:00 horas. Os fondos que se recollan serán doados á Asociación ABM “Á beira de Mozambique”, para axudar ás familias de TETE afectadas polas inundacións que se produciron recentemente no seu país.

ADMISIÓN DE ALUMNOS CURSO 2019/20

Enviado por 0 o Mar, 04/06/2019 - 10:50

NOVO!!!

  • DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA  A MATRÍCULA DEFINITIVA (A PRESENTAR NO MES DE XUÑO)

 

 

TODO O ALUMNADO QUE PRESENTOU SOLICITUDE  DO 1 AO 20 DE MARZO ESTÁ ADMITIDO.

ACCESO ÁS LISTAXES.

Recordamos que no mes de xuño deben formalizar a matrícula definitiva.

 

 O PERÍODO DE ADMISIÓN, SEGUNDO A ORDE REGULADORA, ESTABLECE QUE O PRAZO PARA A ENTREGA DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN NOS CENTROS É DO 1 AO 20 DE MARZO. OS SEGUINTES ENLACES PRETENDEN OFRECER TODA A INFORMACIÓN QUE PRECISEN.

ORDE DO 12 DE MARZO DE 2013 QUE DESENVOLVE O PROCEDEMENTO PARA A ADMISIÓN DO ALUMNADO

MODIFICACIÓN DA ORDE DO 12 DE MARZO

INSTRUCCIÓNS DA D.X. DE CENTROS CURSO 19-20

INSTRUCCIÓNS DA XEFATURA TERRITORIAL 19-20

 

 

 

  • SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
  •  PROXECTOS NOS QUE PARTICIPA ESTE CENTRO:
    • PROXECTO E-DIXGAL: LIBROS DE TEXTO DIXITAIS PARA ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA 
    • PROXECTO ABALAR: MINI ORDENADORES PORTÁTILES PARA O ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA
    • CONTRATOS - PROGRAMA (PROA): PROGRAMA DE ACOMPAÑAMENTO E REFORZO PARA ALUMNADO FORA DO HORARIO LECTIVO
    • VOZ NATURA: PROGRAMA DE MEDIO AMBIENTE COORDINADO POR "LA VOZ DE GALICIA".
    • HORTO ESCOLAR: PROXECTO NO QUE PARTICIPA TODO O ALUMNADO DO CENTRO, TANTO NO COIDADO COMO NO CULTIVO
    • PLAMBE: PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTEXAS ESCOLARES
    • PROXECTO ELISA: ESTUDO LONXITUDINAL PARA UNHA INFANCIA SAUDABLE (USC)

  

  SE DESEXAN COÑECER O CENTRO, PODEN CONCERTAR UNHA VISITA (NON FACEMOS XORNADA DE PORTAS ABERTAS)

  • TFNO: 881 866 470
  • CORREO-E: ceip.mestre.rodriguez.xixirei@edu.xunta.es
( categories: )

Actividades do Día das Letras Galegas 2019

Enviado por 0 o Xov, 23/05/2019 - 10:36

No noso colexio conmemorados o Día das Letras Galegas cunha actividade na que, por equipos, había que ir superando probas, deseñadas e organizadas polo alumnado de 6º de Educación Primaria para ir conseguindo pezas dun squebracabezas relacionados con Antonio Fraguas, a persoa á quen se lle dedica o Día neste ano. Se queredes ver a nova e máis imaxes desta xornada, podede ir ver o blog o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, que está no lateral dereito da páxina do colexio, ou premendo neste enlace.

Unha enxeñeira ou científica en cada cole

Enviado por 0 o Lun, 20/05/2019 - 11:30
    

 

Este xoves pasado as alumnas e os alumnos de 4º de Educación Primaria tiveron na aula un obradoiro de Física Divertida, levado a cabo polas profesoras Mª José Pérez Comuñas e Encina Calvo Iglesias da Área de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC), dentro da IV Edición do programa da USC “Unha enxeñeira ou científica en cada cole”. Esta experiencia tivo moito éxito entre o noso alumnado, pois ao mesmo tempo que aprenderon moitas cousas divertíronse. Xa temos ganas de que volvan o curso que ven!

 

O Maio 2019

Enviado por 0 o Lun, 20/05/2019 - 11:11

O pasado xoves 16 celebramos no colexio a festa do Maio. Como vedes na imaxe este ano preparamos un maio espectacular. Este día pasámolo moi ben porque bailamos e cantamos arredor do maio e foi moi divertido. Mágoa que ao final choveu e tivemos que deixar para outro día os xogos que íamos facer!

MENÚS DO COMEDOR - MAIO 19

Enviado por pmeijide o Lun, 29/04/2019 - 13:44

Estos son os menús para o mes de maio no Comedor Escolar:

ALMORZO

XANTAR

( categories: )
Distribuir contido