Skip to Content

O noso colexio desde o aire

PRIMEIRO PREMIO "NÓS TAMÉN CREAMOS!"

O noso centro ven de ser premiado na VI edición dos Premios a curtas de animación en galego Nós tamén creamos!, organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e mais con OQO editora.

Podedes ver a concesión do premio na páxina de O portal da Língua Galega.

Recibimos o primeiro premio na modalidade de 3º e 4º de Primaria, pola curta “A guerra dos números”, realizada polos alumnos e alumnas de 3º e 4º de Educación Primaria e máis os seus titores.

Preme na imaxe de arriba se queres ver a curta premiada.

 

Moitos parabéns!

A GUERRA DOS NÚMEROS

Aquí tedes a película de animación "A guerra dos números" que fixeron os alumnos e alumnas de 3º e 4º máis os seus titores. Como sabedes, presentouse ao concurso de "Nos tamén creamos", organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e mais con OQO editora. Esperamos que vos guste como nos gustou a nós! Tamén podedes velo na páxina de CRTVG neste enlace. Do mesmo xeito, podedes ver o vídeo sobre como se fixo esta curtametraxe aquí.

Noticia en "La Voz de Galicia"

 

O pasado mércores o noso colexio foi noticia en "La Voz de Galicia", unha vez que nos foi outorgado o premio provincial no proxecto de Voz Natura. Se queres ver a noticia preme na foto ou ben neste enlace.

PREMIO PROVINCIAL DE VOZ NATURA 2016-2017

O noso colexio ven de recibir o premio provincial da 20ª edición de Voz Natura. O Comité Científico do programa Voz Natura, promocionado pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, considerou que o noso colexio é merecedor deste premio pola diversidade de actuacións medioambientais desenvolvidas no centro. Este premio é para todos e todas, para toda a Comunidade Educativa, pois premia o traballo levado a cabo durante todos estes anos. Noraboa a todos e a todas! Neste enlace podedes ver a nova na edición dixital de La Voz de Galicia.

Seccións Bilingües

Secciones BilingüesSECCIÓNS BILINGÜES

 

Este programa supón a organización da ensinanza dun área ou materia non lingüística que se cursa dunha maneira bilingüe nunha lingua cooficial e nunha lingua estranxeira utilizada como mínimo durante o 50% do horario lectivo.

 

O noso centros conta con Seccións Bilingües nos cursos de 3º a 6º de Primaria na área de Educación Artística: Plástica. En 1º e 2º de Primaria xa somos Plurilingües!

 

As mestras encargadas das seccións son:

 

Nadia Abdulkadir Rodríguez (coordinadora)

Noela Martino Brea e Juan Carlos Noya López 

 

Auxiliares de ConversaAUXILIARES DE CONVERSA

 

 

 

Programa complementario de apoio e colaboración de profesorado nativo prioritariamente nos Centros Plurilingües, Seccións Bilingües e Escolas Oficiais de Idiomas para posibilitar a práctica da conversación oral, proporcionar un modelo de corrección lingüística e acercar o alumnado e profesorado á  cultura do seu país.

Este curso 22-23 o noso centro conta cunha auxiliar de conversa durante 16h, dende o 1 de Febreiro ata o 31 de maio, que compartiremos co CEIP Ramón Cabanillas.

Auxiliar de Conversa: Izabel Anna Niechwiadowicz.

 

Compromiso para realización de auto enquisa diaria

Compromiso para realización de auto enquisa diaria segundo o requerido no Protocolo de Adaptación ao contexto Covid nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021.

 

Pode encontralo aquí.

Pensamentos positivos

Ter pensamentos positivos é unha moi boa forma de axudarnos a nos sentir mellor.

PENSAMENTOS POSITIVOS.pdf

Distribuir contido


by Dr. Radut