ENAPAS | CURSO 2021-22 | LAVACOLLA
O vindeiro mércores 30 de marzo, teremos a primeira formación para familias (Enapa) deste curso.Dende a sociedade de formación ALICCE, virá Susana Otero, psicóloga educativa (e moito mais) a impartirnos axuda e participación en “RESOLUCIÓN DE CONFLITOS”. Daranos ferramentas para acompañar as emocións e malestar das nosas crianzas tanto na escola como na casa. Será nabiblioteca do Ceip, de 17:30 a 19:30.
Para que non deixemos de participar por motivos de conciliación, no mesmo horario, pero no pavillón, teremos unha actividade e xogo libre para as nosas crianzas. Nuns días enviaremos un formulario para inscribirse na formación coa actividade.
Agardamos vernos, poder aproveitar unha tarde xuntas e sacarlle o máximo proveito e xugo a Susana Otero e os seus coñecementos.
A formación das familias convértese hoxe en día nunha das estratexias crave naprevención dos comportamentos conflitivos nos mozos, da violencia de xénero e da transmisión de valores igualitarios. Para poder axudar aos fillos/ as a afrontar as situacións conflitivas que se lle presenten, é necesario en primeiro lugar coñecer as diferentes estratexias que existen para resolvelos.
O Programa de Comunicación e Resolución de Conflitos para pais “O reto de educar”,está deseñado para axudar ás familias para afrontar adecuadamente os conflitos e por outra, achegar estratexias e pautas de actuación para a familia que dificulten a aparición de comportamentos conflitivos no/a adolescente.
FINANCIA: IMPARTE:ORGANIZA: COLABORA: