Skip to Content

Actividades

CATÁLOGO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 22-23

Anpa Landras do CEIP Plurilingüe Mestre Rodríguez Xixirei

 

Estimadas familias,

Xa temos a ficha de inscrición co catálogo de actividades extraescolares a vosa disposición. 

Pode descargarse aquí.

 As que o fagades en dixital, enviade cuberto e firmado (físico ou dixital) o noso correo electrónico servizos@asociacionceiplavacolla.org

Enviámolo hoxe en papel físico nas mochilas, para quen prefira entregalo en papel na escola.

 

Rogamos nolo poidades enviar a maior brevidade posible para conseguir os mínimos de cada actividade

 

Para calquera dúbida ou aclaración, podedes consultarnos no correo.

 

Agardamos que sexa do agrado das vosas crías e o poidamos aproveitar todas.

 

Un saúdo,


Anpa Landras do CEIP Mestre Rodriguez Xixirei de Lavacolla

FESTA FIN DE CURSO "ANPA LANDRAS" CURSO 2022

FESTA DE CURSO ANPA   |   2021-22   |   LAVACOLLA
ANPA LANDRAS

 

 

 

Estimadas familias!

Este venres 17 a partir das 16:00h teremos unha pequena festa de fin de curso organizada pola ANPA. Teremos un monte de xogos, música, merenda e refrescos. 

Se vos apetece cubrir unha breve enquisa para axudarnos a organizala, sería de moitísima axuda. Tedes o link no Abalar enviado onte.

 

 

Moitísimas grazas e ata o venres!

HORARIO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DEFINITIVO

 

 

COMEZO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA

 

 

Bo día familias.

Oficialmente dase comezo as actividades extraescolares do presente curso 2021-2022 o próximo martes 2 de novembro.

Tendes aquí axunto o protocolo que as regula aprobado no último Consello Escolar, de obrigado cumprimento para todas.

Todas as familias que participedes, debedes enviarnos firmado obrigatoriamente o anexo I, tendes que facer diariamente a enquisa do anexo II, e quen queira rogamos nos enviedes firmado o anexo IV de cesión de imaxes das crías só para fins propios da Anpa.

Será cada empresa quen facture ou xire o cargo mensual a cada familia. No protocolo tendes os seus contactos.

No protocolo especifícase por onde se entra e sae para cada actividade. Lembrade que veñan as crías cunha terceira mascarilla (a parte do kit de reposto) e a súa botella de auga. O primeiro día de cada actividade estará alguén da Anpa por alí para calquera dúbida que teñades.

As familias cuxas crías queden ó comedor e logo vaian a algunha actividade extraescolar directamente, sen vir da casa, teñen que informar por escrito ó persoal do comedor para que este poida entregar ás crías o monitor correspondente. A empresa de comedor terá unha listaxe das actividades que comezan ás 16:30 para o seu control, pero as familias deben informarlles igualmente,


Un saúdo e que poidamos desfrutar de novo desta actividade.

 

Anpa Landras do CEIP Mestre Rodriguez Xixirei de Lavacolla

REVISIÓN DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLRES



Estimadas familias.

Recibidas as matrículas, varias actividades non se poderán impartir e hai u par delas moi xustas. Fixémos os axustes precisos no catálogo para que revisedes.

Rogamos que as crías inscritas nesas actividades que non se farán, poidan inscribirse nas outras que sí continúan, a fin conciliar e consolidar.

Podedes facer as modificacións que precisedes por correo-e ou teléfono. Tendes a información detallada no comunicado.

Tamén vos rogamos unha pronta resposta.

 

Un saúdo e grazas,

 

Anpa Landras do CEIP Mestre Rodriguez Xixirei de Lavacolla

SEGUNDA SESIÓN ACTIVIDADES DE IGUALDADE PARA AS FAMILIAS

imaxe.png   

 

 

Familias!!!

Convidámosvos de novo a participar nas actividades de promoción da igualdade destes vindeiros días nas que as nosas crías xa están traballando e experimentando no colexio! Sabemos que estades a tope e intentamos facilitar a asistencia cunha conexión online que non require mais que pinchar un enlace.

Será HOXE xoves 14 de Outubro de 17:00 a 18:00, enviarase hoxe o enlace por Abalar.

A entidade Aventeira propón esta segunda sesión para as familias:


“Cómo actuar coa rapazada”

Ofrecer estratexias para afrontar o crecemento: xestión de emocións, autoconcepto, autoestima, responsabilidade, liberdade e xuízo crítico.

 

Anpa Landras do CEIP Mestre Rodriguez Xixirei de Lavacolla

CATÁLOGO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

 

Estimadas familias,

Xa temos a ficha de inscrición co catálogo de actividades extraescolares a vosa disposición.

Pode descargarse aquí.

 

Irá o próximo mércores en papel físico nas mochilas, para quen prefira entregalo en papel na escola. As que o fagades en dixital, enviade cuberto e firmado (físico ou dixital) o noso correo electrónico,  anpalandras.lavacolla@gmail.com

 

Rogamos nolo poidades enviar preferentemente antes do 18 de Outubro.

Para calquera dúbida ou aclaración, podedes consultarnos no correo ou no teléfono 684306147.

Agardamos que sexa do agrado das vosas crías e o poidamos aproveitar todas.

 

Un saúdo,


Anpa Landras do CEIP Mestre Rodriguez Xixirei de Lavacolla

PRIMEIRA SESIÓN ACTIVIDADES DE IGUALDADE PARA AS FAMILIAS

imaxe.png   

 

Familias!!!

Convidámosvos a participar nas actividades de promoción da igualdade destes vindeiros días nas que as nosas crías xa están traballando e experimentando no colexio! Sabemos que estades a tope e intentamos facilitar a asistencia cunha conexión online que non require mais que pinchar un enlace.

Será HOXE venres 08 de Outubro de 17:00 a 17:45.

A entidade Aventeira propón esta primeira sesión para as familias:

Cómo son os rapaces e rapazas ao longo do seu crecemento?


- Coñecer os rasgos principais que definen á rapaza e a pre-adolescentes.
- Entender os cambios que están experimentando: funcionamento biolóxico, sentimentos,
emocións, formas de relacionarse cos demais.

 

Anpa Landras do CEIP Mestre Rodriguez Xixirei de Lavacolla

 

https://www.edu.xunta.gal/webmail/imp/view.php?actionID=view_attach&id=2&uid=98984&mailbox=SU5CT1g&uniq=1633677270883

Distribuir contido


by Dr. Radut