Skip to Content

Información de interese

BOLSAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO NEAE

Bolsas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo

Aberto o prazo de solicitudes das bolsas e axudas do Ministerio de Educación y Formación Profesional para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 20/09/2023

 

--> Información sobre a convocatoria <--

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

Publicada no DOG a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

Prazo de solicitude: do 20/5/2023 a 21/6/2023, incluídos.

Documentación: Solicitude, Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar), fotocopia do libro de familia e, en caso de separación ou divorcio, copia da sentenza xudicial ou do convenio regulador.

Máis información premendo na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Funcións dunha mestra de audición e linguaxe

 

 

QUE é un Mestre/a de Audición e Linguaxe (AL)?

É un especialista en promover e desenvolver a prevención dos problemas de linguaxe, potenciar as capacidades comunicativo-lingüísticas e intervir nas dificultades específicas de linguaxe contextualizando o seu labor coas características propias de cada centro educativo.

 

2️.  ONDE desenvolvemos as nosas funcións?

No ámbito educativo e, por tanto, na maior parte das súas etapas: Educación Infantil, Primaria, Básica Obrigatoria ou Secundaria,  TVA, FP...

 

3️.  Con QUEN traballamos?

Con todo o alumnado, en especial aquel que presenta dificultades comunicativo-lingüísticas. Tamén con todo o profesorado e as familias.

 

4️.  COMO O FACEMOS?

Participando nos proxectos do centro.

Asesorando e colaborando co profesorado e familias.

Proporcionando recursos, materiais e ferramentas

Organizando e estruturando espazos e tempos.

Elaborando medidas de atención á diversidade.

Promovendo a inclusión e a eliminación de barreiras.

Previndo, avaliando e intervindo as dificultades comunicativo-lingüísticas

 

5️.  POR QUE somos necesarios?

Porque sen o noso asesoramento, avaliación, intervención, apoio, colaboración, etc. ️ os dereitos do alumnado poden ser vulnerados, freando a inclusión e eliminación de barreiras nos centros.

 

Charla "Uso responsable dos videoxogos"- Comisión de familias Mudare - Federación ANPAS Compostela E ANPAS As Brañas Ventín

 

Por se non puidestes asistir á charla, ou por se queredes revisalos, deixámosvos un vídeo resumo cos 5 consellos que nos recomendou Silvia López para un uso responsable dos videoxogos:
 
 
E tamén, por se queredes botarlle unha ollada, este sábado o programa Informe Semanal adicou unha reportaxe ao perigo de adicción dos videoxogos:
 

   https://www.rtve.es/alacarta/videos/informe-semanal/peligro-adiccion/5805676/

Charla "Uso responsable dos videoxogos"- Comisión de familias Mudare - Federación ANPAS Compostela E ANPAS As Brañas Ventín

 

 

Este é un recordatorio de que hoxe ás 17:30 teremos a charla sobre o "Uso Responsable dos Videoxogos".

 

Podes seguila simplemente tedes que pinchar na seguinte ligazón:

 

         https://www.youtube.com/watch?v=5-fe56ztwmE

 

Se non vos vai ao pinchar ou vos da unha mensaxe "O vídeo non está dispoñible", simplemente copiade e pegade a ligazón directamente no navegador e xa vos vai funcionar.

Animádevos!

Como educar para que lles pasen cousas boas os teus fillos, por Marian Rojas Estapé.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut