Skip to Content

Funcións dunha mestra de audición e linguaxe

 

 

QUE é un Mestre/a de Audición e Linguaxe (AL)?

É un especialista en promover e desenvolver a prevención dos problemas de linguaxe, potenciar as capacidades comunicativo-lingüísticas e intervir nas dificultades específicas de linguaxe contextualizando o seu labor coas características propias de cada centro educativo.

 

2️.  ONDE desenvolvemos as nosas funcións?

No ámbito educativo e, por tanto, na maior parte das súas etapas: Educación Infantil, Primaria, Básica Obrigatoria ou Secundaria,  TVA, FP...

 

3️.  Con QUEN traballamos?

Con todo o alumnado, en especial aquel que presenta dificultades comunicativo-lingüísticas. Tamén con todo o profesorado e as familias.

 

4️.  COMO O FACEMOS?

Participando nos proxectos do centro.

Asesorando e colaborando co profesorado e familias.

Proporcionando recursos, materiais e ferramentas

Organizando e estruturando espazos e tempos.

Elaborando medidas de atención á diversidade.

Promovendo a inclusión e a eliminación de barreiras.

Previndo, avaliando e intervindo as dificultades comunicativo-lingüísticas

 

5️.  POR QUE somos necesarios?

Porque sen o noso asesoramento, avaliación, intervención, apoio, colaboración, etc. ️ os dereitos do alumnado poden ser vulnerados, freando a inclusión e eliminación de barreiras nos centros.

 



story | by Dr. Radut