Skip to Content

Actividades

ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

 

         

 

 

ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Bo día familias.

As vindeiras semanas, do 4 ó 19 de Outubro, desenvolverase na escola un Ciclo de actividades de igualdade, afectivo-sexual, violencia de xénero, cousificación, micromachismos, estereotipos e protección da información. A actividade está subvencionada pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

Este programa está pensado para que participemos a totalidade da comunidade escolar: crías, mestras e familias. Haberá talleres, xogos e charlas case tódolos días para cada grupo. Deixamos aquí abaixo o programa.

 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES E CALENDARIO

BANCO DE AVEÑOS -ANPA

 

BANCO DE AVEÑOS -ANPA

 

Bo día.

 

Para o proxecto do Banco de Aveños da Anpa, xa temos falado coa escola das necesidades que teñen elas e das que teremos as familias de material que nos podemos ir doando ou emprestando entre as familias, que xa non usemos ou nos quede pequeno, a fin de evitar mercar e gastar en cousas que podemos compartir dunhas a outras. Para doar só tendes que cubrir este formulario:  https://form.jotform.com/210883794430359

 

Cada certo tempo iremos publicando listaxe dos aveños doados para quen queira nos poida escribir para solicitalo sen mais que un correo electrónico a material.landras@gmail.com
Unha vez rematado de usar, ou quede pequeno e siga estando en condicións, volverá ó banco para volver a ser emprestado.

Este é o material que vos solicitamos poidades doar á Anpa dende xa:

 

- Patinetes ou bicicletas para 3 a 6 anos.

 

  Son para uso das crías de infantil na escola. Precisamos 22 unidades. Irán directamente á escola e non ó banco.

 

- Libros de lecturas recomendadas do currículo escolar.

 

  Todos aqueles libros que merquedes para a escola dos que nos solicitan, se non son de cubrir ou traballar neles, das lecturas, que unha vez non os vaiades usar mais, poderán ser reutilizados por outras crías cando cheguen ó curso deses libros. Estes irán ó banco.

 

- Libros de lectura xeral.

 

  Libros que vos parezan de interese e queirades compartir, xa sexan para as crías, sobre educación ou para as adultas das familias, irán á biblioteca e alí poderemos acceder todas a eles e así ir ampliando o catálogo.

 

- Roupa de augas.

 

  Botas de auga, chuvasqueiros, pantalóns e monos impermeables que xa vos queden pequenos e non estean moi gastados, poderán ser aproveitados polas que veñen detrás.

 

- Mandilóns de infantil.

 

  Se non están moi magullados, valerán para seguir pintando e pringándose.

 

 

En canto vaiades tendo dispoñibles estas cousas e queirades compartilas, por favor ide cubrindo o formulario, e xa Óscar vos irá dicindo que e como tendes que facer co material.

 

Agradecemos de antemán que colaboredes neste proxecto, pois creemos importante que as nosas crías vexan que as cousas teñen mais de unha vida e podemos compartilas como unha comunidade.

 

Apertas, ANPA.

 

 

3º Concurso de Fotografías pola Igualdade.

3º CONCURSO DE FOTOGRAFÍAS POLA IGUALDADE.

 

 

CONVOCATORIA E PARTICIPACIÓN

 

1.     A Federación Galega de ANPAs Compostela convoca o III Concurso de Fotografía co obxectivo de que o alumnado ou as familias dos centros de infantil, primaria, secundaria e bacharelato plasmen nunha fotografía como ven a igualdade  en calquera ámbito da vida e promover a reflexión.

2.     As imaxes irán acompañadas dun título e un pequeno texto explicativo do que representa.

3.     Cada participante presentará un máximo DUNHA fotografía.

4.     As fotografías deben ser orixinais e inéditas e non poden ter sido premiadas en concursos anteriores nin publicadas en ningún tipo de soporte.

5.     A Federación Galega de ANPAs Compostela resérvase o dereito a eliminar do concurso aquelas fotografías que induzan, inclúan ou teñan relación directa ou indirecta con calquera tipo de violencia ou que fagan publicidade de calquera tipo de marca ou negocio.

6.     A falta de veracidade, a incorrección nos datos proporcionados polas persoas participantes, a falta de autoría ou orixinalidade, a xuízo do xurado, permitirán a Federación Galega de ANPAS Compostela a súa exclusión do concurso.

7.     As fotografías pasarán a ser propiedade da Federación Galega de ANPAs Compostela, que adquirirá o dereito pleno á súa utilización.

 

MÁIS INFO AQUÍ

 

Festa de entroido no noso cole

Tal como é tradición no centro, celebraremos un ano máis o Entroido, tendo en conta as seguintes consideracións:

O tema deste ano do  Proxecto Integral da Biblioteca é "Deportistas para un mundo mellor", polo que a temática será de Deportes Olímpicos. Cada nivel xa decidiu de que virá disfrazado.

Como todos os anos, solicitamos a aportación de doces típicos do Entroido para compartir entre todos (filloas, orellas, chulas, rosquillas...). Para os que están por primeira vez no centro, dicirlles que non fai falla facer unha grande cantidade. Hai moita colaboración, polo que un pouco desa especialidade que ¿nos sae tan ben¿ é suficiente.

A ANPA colabora con bebida, empanadas e tortillas. Ademais, haberá unha sorpresa para os adultos que veñan disfrazados.

E por suposto, está todo o mundo convidado a participar, desfrutar e disfrazarse nunha festa que consideramos  de toda a comunidade educativa.

A hora prevista de comezo, será  ás 12:00 horas.

Animádevos a participar! Esperámosvos!

 

Próxima Asamblea para soci@s

 

 

 

CONVOCATORIA ASAMBLEA EXTRAORDINARIA SOCIOS ANPA LANDRAS

 

  • Data: mércores, 12 de febreiro de 2020

  • Hora: 17:30hs

  • Lugar: Biblioteca Ceip Mestre Rodríguez Xixirei

Orde do día:

  1. Presentación da xunta directiva
  2. Estado das contas

  3. Horario de atención ás nais/pais

  4. Comunicacións: reunión coa dirección do centro, Consello Escolar e festa do Entroido

  5. Rogos e preguntas

 

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2020

 

2º CONCURSO "FOTOGRAFÍAS POLA IGUALDADE"

2º CONCURSO "FOTOGRAFÍAS POLA IGUALDADE"

FEDERACIÓN GALEGA DE ANPAS DE COMPOSTELA

O prazo de admisión de fotografías rematará o día 3 de febreiro de 2020 ás 24h.

Enviade as fotografías ao enderezo electrónico: anpascompostela@gmail.com.

 

Díptico informativo

Asamblea extraordinaria da ANPA

                                            

Estimadas familias:

Recordamos que hoxe, mércores 8 de xaneiro ás 18:30, está convocada unha Asamblea de socios de carácter urxente no que se tratarán os seguintes temas:

1. Dimisións e baixas de membros da Xunta Directiva

2. Reconfiguración de unha nova Xunta Directiva (chamamento a incorporación de novos membros)

3. Informacion sobre as ENAPAS

4. Rogos e preguntas

 

Pregase a maior asistencia posible.

Próxima Asamblea para soci@s

Asociación de nais e pais de alumnos/as “AS LANDRAS”
CEIP MESTRE RODRÍGUEZ XIXIREI
Esquipa 22- Lavacolla. Santiago de Compostela
anpalandras.lavacolla@gmail.com

 

Estimadas familias:

Por mor dos ultimos acontecementos vemonos na obriga de convocar unha asamblea de socios de caracter urxente o dia 8 de xaneiro as 18:30.

Temas a tratar:

1. Dimisions e baixas de membros da Xunta Directiva

2. Reconfiguración de unha nova Xunta Directiva (chamamento a incorporación de novos membros)

3. Informacion sobre as ENAPAS

4. Rogos e preguntas

Pregase a maior asistencia posible.

Santiago de Compostela,16 de Decembro de 2019

Distribuir contido


by Dr. Radut