Skip to Content

BANCO DE AVEÑOS -ANPA

 

BANCO DE AVEÑOS -ANPA

 

Bo día.

 

Para o proxecto do Banco de Aveños da Anpa, xa temos falado coa escola das necesidades que teñen elas e das que teremos as familias de material que nos podemos ir doando ou emprestando entre as familias, que xa non usemos ou nos quede pequeno, a fin de evitar mercar e gastar en cousas que podemos compartir dunhas a outras. Para doar só tendes que cubrir este formulario:  https://form.jotform.com/210883794430359

 

Cada certo tempo iremos publicando listaxe dos aveños doados para quen queira nos poida escribir para solicitalo sen mais que un correo electrónico a material.landras@gmail.com
Unha vez rematado de usar, ou quede pequeno e siga estando en condicións, volverá ó banco para volver a ser emprestado.

Este é o material que vos solicitamos poidades doar á Anpa dende xa:

 

- Patinetes ou bicicletas para 3 a 6 anos.

 

  Son para uso das crías de infantil na escola. Precisamos 22 unidades. Irán directamente á escola e non ó banco.

 

- Libros de lecturas recomendadas do currículo escolar.

 

  Todos aqueles libros que merquedes para a escola dos que nos solicitan, se non son de cubrir ou traballar neles, das lecturas, que unha vez non os vaiades usar mais, poderán ser reutilizados por outras crías cando cheguen ó curso deses libros. Estes irán ó banco.

 

- Libros de lectura xeral.

 

  Libros que vos parezan de interese e queirades compartir, xa sexan para as crías, sobre educación ou para as adultas das familias, irán á biblioteca e alí poderemos acceder todas a eles e así ir ampliando o catálogo.

 

- Roupa de augas.

 

  Botas de auga, chuvasqueiros, pantalóns e monos impermeables que xa vos queden pequenos e non estean moi gastados, poderán ser aproveitados polas que veñen detrás.

 

- Mandilóns de infantil.

 

  Se non están moi magullados, valerán para seguir pintando e pringándose.

 

 

En canto vaiades tendo dispoñibles estas cousas e queirades compartilas, por favor ide cubrindo o formulario, e xa Óscar vos irá dicindo que e como tendes que facer co material.

 

Agradecemos de antemán que colaboredes neste proxecto, pois creemos importante que as nosas crías vexan que as cousas teñen mais de unha vida e podemos compartilas como unha comunidade.

 

Apertas, ANPA.

 

 



story | by Dr. Radut