Skip to Content

Carreira solidaria escolar 2024

 

O mércores 31 de xaneiro, tivemos a I OCR Solidaria. Agradecementos a Imaxson. A Nosa Escola recadou 533,33 euros para SAVE THE CHILDREN. 

SE TE MOVES, O MUNDO MÓVESE

Teatro musicado 2º EP

 

Charla Pilabot

 CONCURSO DE RECOLLIDA DE PILAS E ACUMULADORES EN CENTROS EDUCATIVOS

FAI QUE A NOSA ESCOLA GAÑE!

Teatro de familias

Concerto para comezar o ano 2024

Reserva de praza en centros adscritos 2024-25

RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS CURSO 2024-2025

CAL É O PRAZO?

- Do 15 de Xaneiro ao 5 de Febreiro

A QUEN VAI DIRIXIDO?

- Alumnado de 6º curso de EP que continúe os seus estudos no noso centro adscrito: IES de Sar

QUE TEÑO QUE PRESENTAR PARA RESERVAR A PRAZA?

A solicitude ED550 A debidamente cuberta. Hai 2 versións:

- En galego: ED550A - G (preme para descargar)

- En castelán: ED550A - C (preme para descargar)

ONDE PRESENTO A SOLICITUDE?

- Na secretaría do centro. Horario: luns 13:10 a 14:00; mércores 12:25 a 13:10; venres 10:40 a 11:30

- Mediante a Sede electrónica (preme para acceder)

- Mediante o aplicativo admisión alumnado (preme para acceder)

TEÑO DÚBIDAS?

- Consulta os seguintes manuais: instruccións ou manual familias (preme para consultar)

- Ponte en contacto con nós: dirección 881866470; secretaria 881866471

- CORREO ELECTRÓNICO: ceip.mestre.rodriguez.xixirei@edu.xunta.gal

I Gran Festa de Fin de Ano Escolar

 

Prezadas familias:

Informamos que o vindeiro XOVES 21 DE DECEMBRO celebraremos co noso alumnado, familias e profesorado a...

I GRAN FESTA DE FIN DE ANO ESCOLAR

Celebrarémola coas badaladas das 12:00 h e, para que nos traia sorte a todos e todas, esperámovos na escola a esa hora e solicitamos a vosa colaboración para que a cativada acuda cun paquete ou bolsa de cotillón.

Ademais, quen, así o desexe, vestirá roupa e accesorios de Nadal de gala. O Guateque será un momento de compartir co noso noso alumnado eses momentos de ledicia no cambio de ano.

Agradeceríamos que as familias se ofrecesen voluntarios e voluntarias para poder decorar o pavillón. 

En caso de dúbida, contactade co centro. 

Atentamente, a Dirección. 

 

AMIGO INVISIBLE

Saída Educación Infantil

O día 19 e 20 de decembro o alumnado de Educación Infantil foi á Residencia e ao redor do colexio a cantar panxoliñas de Nadal. Fíxérono moi ben!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut