Skip to Content

Novas

PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN DE NADAL 2021

 

 

 

PROGRAMA  MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN DE NADAL 2021


O Departamento de Educación do Concello de Santiago ten previsto a realización dun programa de conciliación laboral e familiar no período das vacacións de Nadal 2021 (días 22, 23, 24, 27, 28, 29, 30 e 31 de decembro de 2021 e o 3, 4, 5 e 7 de xaneiro de 2022). 

Este programa comprende un conxunto de actividades, a desenvolver en instalacións dos CEIP Monte do Postes e  CEIP Quiroga Palacios, destinadas á poboación escolarizada en educación Infantil e Primaria do municipio de Santiago.

Este programa concíbese como un espazo educativo, de promoción do ocio e o tempo de lecer, ademais dun recurso para a conciliación familiar e laboral no tempo de vacacións.

 

Para saber as características do programa premede no enlace:

 

PROGRAMA  MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN DE NADAL 2021

 

PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN FAMILIAR

 

PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN FAMILIAR

 

O Concello de Santiago de Compostela, a través do Departamento de Educación, ten previsto realizar unha nova edición do programa de conciliación laboral e familiar nas vacacións de  Nadal. 

 

PROCESO DE INSCRICIÓN E MATRÍCULA DO DÍA 8 AO 14 DE DECEMBRO DE 2020.


MÁIS INFORMACIÓN

MATRÍCULA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Aprazamento do Magosto

Queridas familias:

 

Por razóns meteorolóxicas, vémonos na obriga de aprazar a festa do Magosto que tiñamos prevista para este mércores, día 30. Como para a semana parece que o tempo seguirá chuvioso, esperaremos ata que mellore para volver a fixar unha nova data.

Samaín celebrarase co alumnado como se tiña previsto.

Así mesmo recordarvos que o día 31, xoves, é o Día do Ensino, non lectivo, polo que non haberá clase ata o luns, día 4 de novembro.

 

Desculpade as molestias. Esperamos que pasedes unha boa semana.

Un saúdo.

Distribuir contido


by Dr. Radut