Skip to Content

ACTUALIZACIÓN DO BANCO DE AVEÑOS DA ANPA LANDRAS - CEIP MESTRE RODRÍGUEZ XIXIREI

Bo día familias.

Deixamos aquí o listado do material “depositado” ate o momento no banco que creamos, por se precisades solicitar algo do que está dispoñible. Para solicitar algo, escribide a Óscar (material.landras@gmail.com).

Seguimos precisando mais cousas. Sobre todo as bicis e patinetes para infantil. No cole quixeran ter cando menos 25 para poder usalos cada aula.Esta listaxe é das cousas que se precisan ou podemos compartir. Para calquera cousas que queirades doar ó banco, lembrade cubrir sempre o formulario, xa sexa para cousas que van fisicamente ó cole, como para cousas que quedan nas vosas casas ate que alguén o solicite: https://form.jotform.com/210883794430359

 

- Patinetes ou bicicletas para 3 a 6 anos.

Son para uso das crías de infantil na escola. Precisamos 25 unidades. Irán directamente á escola e non ó banco.

- Libros de lecturas recomendadas do currículo escolar.

Todos aqueles libros que merquedes para a escola dos que nos solicitan, se non son de cubrir ou traballar neles, das lecturas, que unha vez non os vaiades usar mais, poderán ser reutilizados por outras crías cando cheguen ó curso deses libros. Estes irán ó banco.

- Roupa de augas.

Botas de auga, chuvasqueiros, pantalóns e monos impermeables que xa vos queden pequenos e non estean moi gastados, poderán ser aproveitados polas que veñen detrás.

- Mandilóns de infantil.

Se non están moi magullados, valerán para seguir pintando e pringándose.

 

Poden consultar a listaxe aquí

AdxuntoTamaño
Listado Banco Xixirei 220328.pdf36.79 KB


story | by Dr. Radut