COMEDOR ESCOLAR E TRANSPORTE 2023/2024

 

Publicadas as instruccións (clica AQUÍ para acceder a elas) sobre o desenvolvemento dos comedores escolares durante o curso escolar 2023/2024, ábrese o prazo para:

  • Solicitar praza de comedor. O prazo para solicitar praza de comedor abranguerá os días comprendidos entre o 5 e o 14 de xullo, ambos incluídos. Podedes descargar o impreso de solicitude clicando AQUÍ. Recomendamos encarecidamente ler as instrucións da segunda páxina e empregar o aplicativo oficial da Xunta para calcular o importe da taxa que corresponde pagar segundo a renda familiar. Podedes acceder a esta calculadora de taxas clicando AQUÍ.
  • Solicitar ser colaborador/a de comedor. O prazo para solicitar a colaboración no comedor estará aberto dende o día 5 de xullo ata o 1 de setembro, a non ser que non se cubran todas as prazas, caso no que quedará aberto até o 21 de decembro. Podedes descargar o impreso de solicitude de colaboración clicando AQUÍ.

Poderedes realizar estes trámites na administración do centro de luns a venres en horario de 10:00 a 13:00 horas. Alí poderedes recoller os impresos ou ben, descargalos directamente clicando nas ligazóns de máis arriba.

Recordade revisar que os impresos estén debidamente asinados antes de entregalos, así como aportar toda a documentación requirida.

Previsiblemente, a listaxe provisional de admitidos e de reserva publicarase o 18 de Xullo a última hora da mañá na porta de entrada do edificio administrativo e, logo dos 5 días dispoñibles dende esta publicación para realizar as alegacións correspondentes, o 27 de Xullo publicarase a definitiva.

Estamos en prazo ademáis de solicitude de novas paradas de transporte escolar para usuarios lexítimos do mesmo, é dicir, aqueles cuxo domicilio estando ubicado dentro da área de escolarización desde centro, está a máis de 2 km do CEIPP A Magdalena. O prazo estará aberto até o 7 de xullo. Recordamos que os usuarios non lexítimos, aqueles cuxo domicilio estea a menos de 2 km do centro, que queiran solicitar uso excepcional do transporte para o vindeiro curso, terán que cubrir ESTE IMPRESO e entregalo na dirección do centro. Tamén se poderá solicitar na secretaría ou dirección.

CONCURSO RECICLAXE PILAS. Grazas pola colaboración.

Queremos comunicar a toda a comunidade educativa que de 150 centros participantes quedamos na posición nº10!!! Moi bo posto e moi boa a implicación de todos. Darvos a noraboa e animar a todos a seguir participando e reciclando en sucesivas campañas. GRAZAS!!

Solicitude das axudas para a escolarización do curso 2023/2024 do concello de As Pontes.

Fai clic na imaxe para vela con máis claridade.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS. BIBLIOTECA

Fai clic na imaxe para ler con claridade.

XORNADA PORTAS ABERTAS CONSERVATORIO.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2023-2024

Ven de ser publicada no DOG do 19 de Maio de 2023, a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

NORMAS XERAIS:

  • Prazo de presentación de solicitudes: 22 maio - 21 de xuño
  • Estas axudas están dirixidas ao alumnado que o vindeiro ano escolar curse Educación Primaria ou ESO.
  • O alumnado que na actualidade cursa 6º de Primaria, deberá presentar a solicitude no IES correspondente.
  • Presentarase unha única instancia para todos os fillos e fillas admitidos/matriculados no mesmo centro para o curso 2023/2024
  • As solicitudes pódense presentar das seguintes formas:

          -  Presencialmente no centro: recollendo o modelo na secretaría do centro ou descargando os "Anexo I e Anexo II" no aplicativo FondoLibros. Unha     vez cumprimentados entregaranse no centro adxuntando a documentación que se sinala máis abaixo.
          - A través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia achegando os mesmos anexos e documentación complementaria.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Anexo I e Anexo II asinados por ambos proxenitores.
  • Copia do libro de familia na que figuren os membros computables da unidade familair
  • Sentenza xudicial e/ou o convenio regulador no que conste a atribución da custodia do/a menor, de ser o caso.
  • Certificado acreditativo do grao de discapacidade, de ser o caso.

PRAZOS:

  • 20 de xuño: data límite para a entrega dos libros do fondo emprestados no presente curso.
  • 21 de xuño: data límite para a entrega da solicitude e documentación para as axudas de libros 2023/2014
  • 27 de xuño: Publicación da resolución provisional no taboleiro do centro.
  • 28 e 29 de xuño: período de reclamación á resolución provisional.
  • 3 de xullo: publicación da resolución definitiva no taboleiro do centro.
  • 3-7 de xullo: entrega dos vales de libros e material concedidos.
  • Primeiros días de setembro: entrega dos libros asignados ao alumnado.

ENQUISAS FAMILIARES - PEM

Estimadas familias,

Pola presente publicación pedímosvos a colaboración para cubrir un formulario que nos servirá ao centro educativo para a elaboración dun Plan de Mellora Estratéxico (PEM). O obxectivo é recadar a maior información posible para avaliar as necesidades e fortalezas do colexio.

Este formulario permanecerá dispoñible ata o domingo 30 de abril. Recordade que é totalmente ANÓNIMO. Grazas.

ENQUISAS ÁS FAMILIAS

Distribuir contido