Equipo Directivo

Fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar 2024/25

NORMATIVA: 

ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria o curso escolar 2024/25. Procedemento ED330B, ED330G e ED330H)

IMPORTANTE

  • Prazo de presentación de solicitudes: de 21 maio a 21 de xuño.
  • Estas axudas están dirixidas ao alumnado que o vindeiro ano escolar curse Educación Primaria ou ESO.
  • Alumnado que na actualidade cursa 6º de Primaria, deberá presentar a solicitude no IES correspondente.
  • Presentarase unha única instancia para todos os fillos e fillas admitidos/matriculados no mesmo centro para o curso 2024/25
  • As solicitudes pódense presentar das seguintes formas:
  • Presencialmente no centro: recollendo o modelo na secretaría do centro ou descargando os "Anexo I e Anexo II" no aplicativo FondoLibros. Unha vez cumprimentados entregaranse no centro adxuntando a documentación que se sinala máis abaixo.
  • A través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia achegando os mesmos anexos e documentación complementaria.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  1. Anexo I e Anexo II asinados por ambos proxenitores.
  2. Copia do libro de familia na que figuren os membros computables da unidade familiar.
  3. Sentenza xudicial e/ou o convenio regulador no que conste a atribución da custodia do/a menor, de ser o caso.
  4. Certificado acreditativo do grao de discapacidade, de ser o caso.

Publicación de listaxes provisionais de alumnado admitido - Curso 2024/2025

Anuncio!

Dende esta semana xa está dispoñible a listaxe de alumnado admitido para o curso escolar 2024 - 2025 no noso centro educativo! Podes consultala no taboleiro de anuncios do edificio administrativo do centro.

Ademais,  tamén podes acceder a través do aplicativo de admisionalumnado. Só necesitades o código de solicitude e o DNI da persoa solicitante para verificar o estado de admisión.

Lembramos que calquera consulta adicional pode ser dirixida á nosa oficina administrativa.

Felicitacións aos admitidos e grazas a todos os que participastes no proceso!

Postos escolares para 2024 - 2025

Os postos escolares ofertados para o curso 2024 / 2025 son os seguintes:

Admisión de alumnado 2024 / 2025

NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE ADMISIÓN: 

- Decreto 13/2022 do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.

- ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes.

SOLICITUDE

Presentarase unha única solicitude de admisión na administración do centro. Impreso de solicitude: ANEXO II. Pódese descargar aquí, pedilo no centro ou a través da aplicación admisionalumnado.

* DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE:

1. Fotocopias do libro de familia completo.

2. Fotocopia do DNI de ambos proxenitores.

3. Certificado de matrícula (en caso de vir de cursar estudos noutro centro educativo). O alumnado de gardaría non ten que presentar ningún certificado.

4. Informe médico.

5. Fotocopia da cartilla de vacinacións.

6. Fotocopia da tarxeta do seguro médico.

7. Certificado de convivencia expedido polo Concello e que acredite o domicilio de todos os membros da unidade familiar.

8. Tres fotografías tamaño carné.

9. Convenio Regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, de ser o caso.

INFORMACIÓN IMPORTANTE

- Só se pode presentar unha única solicitude e será no centro no que se solicita a praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

- A solicitude deberá ser asinada polos dous titulares da patria potestade. Será preciso a sinatura de ambos proxenitores no caso de separación ou divorcio (agás que a patria potestade lle fose atribuída a un deles exclusivamente).

- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

NECESIDADE DE BAREMACIÓN

No suposto de que exista máis demanda que oferta de postos escolares, abrirase un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo, para presentar a documentación xustificativa dos criterios de baremación alegados.

FONDO SOLIDARIO, AXUDAS LIBROS E MATER. ESCOLAR 2019-20

AS FAMILIAS QUE CUMPRAN OS REQUISITOS DA CONVOCATORIA XA PODEN SOLICITAR ACOLLERSE:

·         AO FONDO SOLIDARIO (3º,4º, 5º E 6º de Primaria). Renta per cápita familiar ata 9. 000 €.

·         ÁS AXUDAS PARA LIBROS (1º E 2º de Primaria). Renta per cápita familiar ata 9.000 €

·         ÁS AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. ( DE 1º A 6º de Primaria). Renta per cápita familiar ata 5.400 €. 

Para calcular a renta per cápita:  

Terase en conta o exercicio fiscal 2017 sumando os recadros 415 e 435 e dividindo o total entre os membros computables da unidade familiar.

 O PRAZO REMATA O 21 DE XUÑO, ESTE INCLUÍDO.

Descargas:DOG - IMPRESO de solicitude

PARA ACOLLERSE ÁS AXUDAS É OBRIGATORIO DEVOLVER NO CENTRO OS LIBROS UTILIZADOS DO FONDO SOLIDARIO ANTES DO 21 DE XUÑO DE 2019.

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO CURSO 2019 -2020

PRAZO FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA, PARA NOVO ALUMNADO, DO 20 DE XUÑO AO 1 DE XUllO  (por non ser hábil o 30).

Documentación para a formalización da matrícula

Documento de formalización de matrícula Educación Infantil e Primaria

Anexo Cuestionario para as familias

TELÉFONOS DO CENTRO

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PROTOCOLO DE ACTUACIÓNS

Prema aquí para ver o documento.

Permiso para xustificar ausencias

Prema aquí para descargar o impreso.

Distribuir contido