Colaboradores
COLABORADORES COMEDOR ESCOLAR
Enviado por Anónimo o Mar, 27/10/2020 - 10:59COLABORADORES COMEDOR ESCOLAR
NECESÍTANSE 5 COLABORADORES PARA O COMEDOR ESCOLAR DO CENTRO. TENDO EN CONTA OS ACORDOS DO CONSELLO DA XUNTA DO 15 DE OUTUBRO DE 2020:" AMPLÍASE EXCEPCIONALMENTE A OUTROS FAMILIARES CONVIVINTES, QUE RESIDAN NO MESMO DOMICILIO DOS MENORES COMENSAIS, A POSIBILIDADE DE COLABORAR VOLUNTARIAMENTE NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E VIXILANCIA NOS COMEDORES ESCOLARES"(PODENDO SER ADEMÁIS DOS PAIS, NAIS, TITORES LEGAIS ,TAMÉN: AVÓS, IRMÁNS,...)
INTERESADOS CHAMAR AO TELÉFONO DO CENTRO: 881930036
A compensación económica polos gastos de dedicación e desprazamentos xerados pola colaboración no comedor que percibirán os membros da comunidade escolar será de 12,50 € por día de asistencia efectiva ao comedor e o xantar.
COLABORADORES COMEDOR ESCOLAR
Enviado por Anónimo o Mér, 30/09/2020 - 17:36NECESÍTANSE 5 COLABORADORES PARA O COMEDOR ESCOLAR DO CENTRO.
INTERESADOS PASAR POLA CONSERXERÍA DO CENTRO.
COLABORADORES COMEDOR ESCOLAR 2020-21
Enviado por Anónimo o Mar, 08/09/2020 - 17:48IMPORTANTE: Está aberto o prazo de admisión de colaboradores de comedor durante o curso 2020-21. Pódense apuntar na secretería do centro.
COLABORADORES COMEDOR CURSO 2019-20
Enviado por Anónimo o Xov, 04/03/2010 - 21:19No actual curso 2019/2020 a encargada de cómedor é: Begoña Ferreiro Yáñez.
Conta cun total de 11 colaboradores entre os que atopamos 7 pais e 4 mestres.
Funcións de colaboración no comedor:
Só poderán ser desempeñadas por nais, pais ou titores de alumnos/as que estean cursando actualmente estudos no centro docente. En ningún caso poderán estas persoas desempeñar as ditas funcións de colaboración no comedor durante dous cursos escolares consecutivos, co que non poderán asumir tales cometidos as persoas que o realizasen durante o curso escolar 2018-2019. Soamente en casos nos que resulte motivada e probada a imposibilidade de alternancia no desenvolvemento das tarefas descritas, poderase, en virtude de autorización expresa da Secretaría Xeral da Consellería, excepcionarse o cumprimento da regra xeral sinalada.
No mes de setembro exponse no centro o anuncio de apertura do prazo de admisión para colaboradores voluntarios nas tarefas de atención ao alumnado usuario de comedor. No caso de que o 30 de setembro non houbera suficientes pódese autorizar provisionalmente a colaboración de pais/nais do curso anterior ata o 31 de decembro.