BENVID@S Á WEB DO NOSO CENTRO
Enviado por maria.lopez o Mar, 19/05/2009 - 00:49
HORARIOS:
DE 8.00 A 9.40 H: ALMORZOS NO COLE E SERVIZO DE ATENCIÓN AO ALUMNADO.
DE 9.40 A 14.40 H: SESIÓN LECTIVA ÚNICA DE MAÑÁ.
DE 14.40 A 15.40 H: SERVIZO DE COMEDOR.
DE 15.40 A 16.40 H: ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES VOLUNTARIAS.
SAÍDA DO TRANSPORTE ESCOLAR 16.40 H.
CONCELLO DE AS PONTES- Axudas ás familias para a escolarización dos seus fillos/as. CURSO 2022-2023
Enviado por maria.lopez o Ven, 01/07/2022 - 13:58Axudas ás familias para a escolarización dos seus fillos/as. CURSO 2022-2023
REQUISITOS E INFORMACIÓN
-
Dirixido ás familias empadroadas no Concello de As Pontes con fillos e fillas matriculados en Educación Infantil (1º e 2º ciclo), Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), bacharelato, ciclos formativos (FP) e estudios no Conservatorio Profesional de Música.
-
Que a renda de todos os membros computables da unidade familiar non supere os 20.500 €, se ben no caso de familias numerosas incrementarase o umbral en 950,00 euros a partires do terceiro fillo/a. (Para o cálculo e determinación da renda, procederase do seguinte xeito: nas Declaracións da renda de toda a unidade familiar do ano 2020; sumarase a base impoñible xeral máis a base impoñible de aforro).
-
Contía das axudas:
Educación infantil 0-3 anos: 30€
Educación infantil 3-6 anos: 100€
Educación primaria e secundaria: 100€
Bacharelato: 140€
FP Básica: 80€
Ciclos formativos: 140€
Conservatorio de música, grao elemental: 40€
Conservatorio de música, grao profesional: 60€
-
Mais información e recollida de impresos: Departamento de Servizos Sociais (2º andar da Casa Dr. Dopeso) Teléfonos información: 981441008, 667129336 ou 667129335.
-
Presentación solicitudes e documentación: no rexistro municipal do Concello ata o 2 de agosto incluído, con cita previa, chamando aos teléfonos 667129389 ou 667129380, ou a través da sede electrónica.
-
Previamente a elaborar a proposta final de concesión, publicaranse para os efectos de notificación, na páxina Web municipal, a través do taboleiro anuncios electrónico do Concello, unha listaxe provisional de concesión e outorgaráselles o prazo de dez (10) días hábiles para que aleguen o que no seu dereito consideren oportuno, ou no seu caso, emenden a súa solicitude e presenten a documentación requirida.
-
Publicación final: as subvencións concedidas de conformidade co disposto no art. 45 da Lei 39/2015, publicaranse para os efectos de notificación na páxina web municipal, a través do taboleiro anuncios electrónico do Concello, así como na BDNS.
-
Abrirase un prazo extraordinario dende o 19 ao 30 de setembro, para aquel alumnado, que por obrigación, tivera que formalizar a matrícula en setembro.
COMEDOR ESCOLAR E TRANSPORTE 2022/2023
Enviado por evablanco o Mar, 28/06/2022 - 16:48Publicadas no día de hoxe as instruccións (clica AQUÍ para acceder a elas) sobre o desenvolvemento dos comedores escolares durante o curso escolar 2022/2023, ábrese o prazo para:
- Solicitar praza de comedor. O prazo para solicitar praza de comedor abranguerá os días comprendidos entre o 29 de xuño e o 8 de xullo, ambos incluídos. Podedes descargar o impreso de solicitude clicando AQUÍ.
- Solicitar ser colaborador/a de comedor. O prazo para solicitar a colaboración no comedor estará aberto dende o día 29 de xuño ata o 8 de setembro, a non ser que non se cubran todas as prazas, caso no que quedará aberto até o 22 de decembro. Podedes descargar o impreso de solicitude de colaboración clicando AQUÍ.
Poderedes realizar estes trámites na administración do centro de luns a venres en horario de 10:00 a 13:00 horas. Alí poderedes recoller os impresos ou ben, descargalos directamente clicando nas ligazóns de máis arriba.
Se tendens algunha dúbida sobre o procedemento, clicando AQUÍ podedes aclarar as dúbidas máis frecuentes.
Recordade revisar que os impresos estén debidamente asinados antes de entregalos, así como aportar toda a documentación requirida.
Estamos en prazo ademáis de solicitude de novas paradas de transporte escolar para usuarios lexítimos do mesmo, é dicir, aqueles cuxo domicilio estando ubicado dentro da área de escolarización desde centro, está a máis de 2 km do CEIPP A Magdalena. O prazo estará aberto até o 8 de xullo.
Recordamos que os usuarios non lexítimos, aqueles cuxo domicilio estea a menos de 2 km do centro, que queiran solicitar uso excepcional do transporte para o vindeiro curso, terán que cubrir ESTE IMPRESO e entregalo na dirección do centro. Tamén se poderá solicitar na secretaría ou dirección.
Listaxe libros de texto e material escolar curso 2022-2023
Enviado por maria.lopez o Mar, 28/06/2022 - 08:40LIBROS DE TEXTO:
Este curso en 4° de Primaria non se pide libro de texto de inglés.
MATERIAL ESCOLAR:
Este material poderá completarse en setembro en función das necesidades da aula e o titor correspondente a cada unha delas.
Aclaracións recomendacións COMEDOR 2022-23
Enviado por maria.lopez o Mér, 08/06/2022 - 01:15Presentación Castro da Uz
Enviado por maria.lopez o Xov, 02/06/2022 - 14:12CONSELLOS FAMILIAS PARA O TRÁNSITO DE EP A ESO Curso 2021-2022
Presentación Centro Adscrito e outros. Curso 2021-2022 Mes de Xuño
Becas para o alumnado NEAE curso 2022-2023
Enviado por maria.lopez o Ven, 20/05/2022 - 17:24A convocatoria para a xestión das becas para o alumnado NEAE saíu publicada o mércores 18 de maio e o procedemento para solicitala está aberto dende hoxe, 19 de maio, ata o 30 de setembro. É importante ter en conta que aínda que o prazo remata o 30 de setembro hai que entregar no centro, antes desta data, o PDF impreso.
Poderán solicitar ditas axudas as familias con alumnado NEAE escolarizadas tanto en Educación Infantil como en Educación Primaria.
A continuación achéganse as dúas páxinas nas que se explica o procedemento para solicitalas:
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html
