Entroido 2024 - Unha viaxe no tempo

  

Charanga @s Magdalen@s

A Charanga d@s Magdalen@s preséntase da seguinte maneira... Música e festa asegurada. Premede na imaxe e veredes...

Bo Nadal e feliz 2024

Querida comunidade do CEIPP A Magdalena, queremos desexarvos unhas felices festas e un próspero ano 2024 en compañía dos vosos seres queridos. Este 2023 foi de grandes retos e desafíos, pero tamén de grandes logros. Traballamos xuntos para superar as dificultades e avanzar no noso camiño de aprendizaxe e crecemento. Queremos agradecervos a tod@s o voso esforzo e compromiso. Grazas a vós, o CEIPP A Magdalena é unha comunidade forte e unida.

Que o amor, a saúde e a alegría reine nos vosos fogares. E que o 2024 sexa un ano de éxitos e felicidade para tod@s. A continuación podedes ver algunhas das felicitacións realizadas pol@s alumn@s con axuda d@s profes Guiño

Recomendacións para a carta ao Apalpador

Seguindo a tradición de escribir a carta ao Apalpador e esperar con ilusión a que chegue o día de Nadal, déixovos algunhas recomendacións por se vos serven de inspiración. Non esquezades incluír un libro! Deixaranos algo na biblio?

Recomendaciones lectoras

Música visual en Samaín 2023

O pasado día 31 de octubre o CEIP a Magdalena púxose festivo y terrorífico para celebrar o Samaín. Dende a aula de música tamén quixemos formar parte da festa dunha forma artística e creativa capturando algúns momentos para compartir con todo o entorno educativo. Desexo que vos guste!!

Premede na cámara.

Samaín - Halloween 2023

Durante a semana do 30 de outubro ao 3 de novembro celebramos no cole o Samaín/Halloween con distintas actividades:

1- Contacontos.- Algúns nenos/as de sexto léronlles contos de medo aos nenos/as de infantil e 1º de primaria na biblioteca e na aula temática.
2- A bruxa Quitamedos.- A bruxa Quitamedos recolleu todos os nosos medos, prepararou un conxuro para facelos desaparecer. Grazas, bruxa Quitamedos!!!
3- Horror experience.- Na aula temática pasamos unha xornada de medo e de adiviñas en inglés coa axuda de Aja, a nosa auxiliar de conversa.
4- Break out.- Tamén na aula temática o alumnado de 3º a 6º de primaria resolveron o estrano caso do esqueleto Eustaquio utilizando códigos QR, tabletas e escornabots sresolveron os enigmas matemáticos para axudar a Eustaquio.

E todo isto cunha ambientación do máis terrorífica con todos os monstros, apócemas, bruxas e lápidas que trouxeron os nenos e nenas ao cole. Grazas a todos polas vosas aportacións!

PAGOS DO SERVICIO DE COMEDOR ESCOLAR

O pagamento da carta de pago recibida do centro educativo, deberá ser aboada ata o día 20 do mes no que reciben a dita carta de pago, prazo estabrecido na normativa reguladora dos comedores escolares. Este pago, é requisito para continuar empregando o servizo de comedor escolar no vindeiro mes.

LEMBRAR que no caso de NON ASISTENCIA AO COMEDOR ESCOLAR e aplicando a normativa de comedores, as familias DEBEN AVISAR, COMO MÁXIMO NO DÍA DE AUSENCIA AO COMEDOR, A SER POSIBLE ANTES DAS 09:40 DA MAÑÁ, para que non lles sexa cobrado o día.

1)  PAGAMENTO TELEMÁTICO: PÁXINA WEB DO ESPAZO ABALAR

Para poder acceder a este servizo electrónico, deben acceder polo ESPAZO ABALAR da WEB de ABALAR a través do navegador Microsoft Internet Explorer, e deben dispoñer dun DNI electrónico ou dun CERTIFICADO DIXITAL  da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT). O acceso efectúase a través deste enderezo, premendo no botón “ACCESO AOS SERVIZOS”.

Unha vez feito o pagamento a través de ABALAR, recibimos notificación electrónica e non é necesario aportar xustificante de pago, xa que é recollido na nosa aplicación de COMEDORES ESCOLARES, polo que nesta modalidade de pago non se precisa achegar xustificante de pago en papel ou en .pdf

Lamentablemente a APP móbil ABALAR de ANDROID e IOS non permite esta funcionalidade.

VÍDEO EXPLICATIVO DO PAGO POR ABALAR

2)  PAGAMENTO TELEMÁTICO: OFICINA VIRTUAL TRIBUTARIA DA CONSELLERÍA DE FACENDA

MANUAL PAGO DE COMEDOR A TRAVÉS DESTE MÉTODO

O acceso a esta modalidade de pago faise sen necesidade de certificado dixital nin DNI electrónico, de xeito telemático, copiando os datos que figuran na carta de pago que se lles envía cada mes.

PREGÁMOSLLES NON FAGAN O PAGO ATA QUE RECIBAN A CARTA DE PAGO, PARA EVITAR ERROS NA CANTIDADE DE DÍAS A ABOAR.

https://ovt.atriga.gal/ 

Para empregar a aplicación ATRIGA da Consellería de Facenda, deberán activar a opción do navegador Chrome ou Mozilla Permitir POP-UPS ou ventás emerxentes.

3)  PAGAMENTO PRESENCIAL NAS ENTIDADES BANCARIAS COLABORADORAS

Unha vez feito o pago na entidade bancaria, deberán presentar no centro educativo a folla etiquetada “copia para a Administración”, co garimbo ou mecanización da entidade bancaria. Sinalar que as entidades bancarias non nos remiten notificación destos pagos.

Inauguración Biblioteca 2023-24

PREMEDE NO PERGAMEO PARA VER FOTOGRAFÍAS DA ACTIVIDADE

Instrucións INCIO DE CURSO 2023/2024

Instrucións para facilitar o fluxo de persoas no recinto:

1. O alumnado que traia material pesado os primeiros días de clase aconsellamos que veña nomeado e embolsado. Os acompañantes dos alumnos transportarán as bolsas a ambas conserxerías. De infantil ata 2º de primaria, na conserxería do edificio admnistrativo e de 3º a 6º de primaria depositarán o material nomeado na conserxería do Edificio B. Esta instrución será aplicada en caso de que os/as titores/as NON desen explicacións previas a cerca desta circunstancia.

2. Pola mañá débese respectar e facilitar a entrada ao recinto do alumnado que chega en transporte, evitando facer tapóns diante do portal peonil. Da mesma maneira, facilitar a entrada dos vehículos ao aparcamento até as 09:35.

3. Ás 9:35 soará un timbre, que sinalará a “apertura de portas” o momento no que se poderá comezar a acceder ao recinto. Respectarase este timbre, agás que os mestres de garda dean outras instrucións.

4. Os acompañantes do alumnado de 4º e 5º de infantil con irmáns en 1º/2º poderán entrar no recinto con todos os nenos/as ao mesmo tempo, deixar aos de 1º/2º na porta principal sen deterse moito nesta zona e continuar cara á entrada de infantil diante do ximnasio. Á volta de entregar aos nenos/as de infantil, pregamos non se deteñan tampouco demasiado diante da entrada principal e que se encamiñen á saída, para favorecer a entrada do alumnado de 6º de infantil que se produce a continuación.

5. O alumnado de 6º de infantil accederá ao recinto unha vez que o de 1º / 2º entre no edificio.

6. O alumnado de 1º/2º sen irmáns máis pequenos, entrará só ao recinto. No portal peonil haberá profesorado de garda que os recibirá e encamiñará cara á súa entrada. Os acompañantes destes nenos/as facilitarán a entrada do alumnado de 6º de infantil que se produce a continuación evitando na medida do posible, atascar os portais exteriores.

7. Aviso importante para usuarios de comedor. O horario deste servizo será de 14.40 a 15.30 h. A hora de despois (é dicir, de 15.30 a 16.40 h.) é exclusivamente para usuarios de transporte, actividades extraescolares e familiares que demostren a incompatibilidade horaria para recoller aos seus fillos/as.

8. O alumnado de 5º e 6º pode abandoar o centro sen acompañante soamente se os seus responsables así o autorizan e polo tanto, non se lles permitirá facelo ata que o centro conte coa devandita autorización por escrito. Entregarase esta autorización o primeiro día lectivo.

Premendo na imaxe para ver/descargar a imaxe que se insire a continuación.

Distribuir contido