BENVID@S Á WEB DO NOSO CENTRO

HORARIOS:

DE 8.00  A 9.40 H: ALMORZOS NO COLE E SERVIZO DE ATENCIÓN AO ALUMNADO.

DE 9.40 A 14.40 H: SESIÓN LECTIVA ÚNICA DE MAÑÁ.

DE 14.40 A 15.40 H: SERVIZO DE COMEDOR.

DE 15.40 A 16.40 H: ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES VOLUNTARIAS.

SAÍDA DO TRANSPORTE ESCOLAR 16.40 H.

Período de matrícula para o curso 2024-25

Abrimos o prazo de matrícula para o curso 2024-25!

Dende o 20 ata o 30 de xuño, poderás inscribirte nos nosos programas educativos a través do seguinte formulario. Non perdas a oportunidade de formar parte da nosa comunidade. Agardámosvos!

Inscrición para o programa EU ALMORZO NO COLE curso 2024-25

Nas seguintes capturas tedes información para a inscrición no programa. Premendo nelas podedes descargar os documentos.

                                       

Relación de libros para o curso 2024-25

Comedor Escolar 2024-25

Publicadas as instrucións (PREME AQUÍ para acceder a elas) sobre o desenvolvemento dos comedores escolares durante o curso escolar 2024/2025, ábrese o prazo para:

  1. Solicitar praza de comedor. O prazo para solicitar praza de comedor abranguerá os días comprendidos entre o 19 xuño ata 3 de xullo, ambos incluídos. Podedes descargar o impreso de solicitude PREMENDO AQUÍ. Recomendamos encarecidamente ler as instrucións e empregar o aplicativo oficial da Xunta para calcular o importe da taxa que corresponde pagar segundo a renda familiar. Podedes acceder a esta calculadora de taxas PREMENTO AQUÍ. Deixamos tamén algunhas ACLARACIÓNS.

  2. Solicitar ser colaborador/a de comedor. O prazo para solicitar a colaboración no comedor estará aberto dende o día 25 de xuño ata o 1 de setembro, a non ser que non se cubran todas as prazas, caso no que quedará aberto até o 22 de decembro. Podedes descargar o impreso de solicitude de colaboración PREMENTO AQUÍ. 

Poderedes realizar estes trámites na administración do centro de luns a venres en horario de 9:30 a 14:30 horas. Alí poderedes recoller os impresos ou ben, descargalos directamente PREMENDO nas ligazóns de máis arriba.

Recordade revisar que os impresos estean debidamente asinados antes de entregalos, así como aportar toda a documentación requirida.

Previsiblemente, a listaxe provisional de admitidos e de reserva publicarase o día 4 de xullo no edificio administrativo. Posteriormente abrirase un prazo de reclamacións do 5 ao 12 de xuño. O 15 de xullo publicarase a listaxe definitiva.

Fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar 2024/25

NORMATIVA: 

ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria o curso escolar 2024/25. Procedemento ED330B, ED330G e ED330H)

IMPORTANTE

  • Prazo de presentación de solicitudes: de 21 maio a 21 de xuño.
  • Estas axudas están dirixidas ao alumnado que o vindeiro ano escolar curse Educación Primaria ou ESO.
  • Alumnado que na actualidade cursa 6º de Primaria, deberá presentar a solicitude no IES correspondente.
  • Presentarase unha única instancia para todos os fillos e fillas admitidos/matriculados no mesmo centro para o curso 2024/25
  • As solicitudes pódense presentar das seguintes formas:
  • Presencialmente no centro: recollendo o modelo na secretaría do centro ou descargando os "Anexo I e Anexo II" no aplicativo FondoLibros. Unha vez cumprimentados entregaranse no centro adxuntando a documentación que se sinala máis abaixo.
  • A través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia achegando os mesmos anexos e documentación complementaria.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  1. Anexo I e Anexo II asinados por ambos proxenitores.
  2. Copia do libro de familia na que figuren os membros computables da unidade familiar.
  3. Sentenza xudicial e/ou o convenio regulador no que conste a atribución da custodia do/a menor, de ser o caso.
  4. Certificado acreditativo do grao de discapacidade, de ser o caso.

Galerflix

Benvid@s á nosa nova plataforma de lectura en galego. Seguimos na nosa viaxe no tempo e no presente, co gallo das letras galegas, déixovos unhas recomendacións. Adiante pequen@s lectores!!!

Publicación de listaxes provisionais de alumnado admitido - Curso 2024/2025

Anuncio!

Dende esta semana xa está dispoñible a listaxe de alumnado admitido para o curso escolar 2024 - 2025 no noso centro educativo! Podes consultala no taboleiro de anuncios do edificio administrativo do centro.

Ademais,  tamén podes acceder a través do aplicativo de admisionalumnado. Só necesitades o código de solicitude e o DNI da persoa solicitante para verificar o estado de admisión.

Lembramos que calquera consulta adicional pode ser dirixida á nosa oficina administrativa.

Felicitacións aos admitidos e grazas a todos os que participastes no proceso!

Ler por pracer nas vacacións

O segundo trimestre chega á súa fin. Temos por diante unha semana para descansar, xogar e desfrutar e a nosa Curuxiña Plumiña deixounos unhas recomendacións de lectura para estas vacacións.

Entroido 2024

O pasado mes de febreiro celebrouse o entroido no CEIP A Magdalena. Festexamos, bailamos, cantamos... Ao premer na imaxe teredes accesp a unha pequena mostra deste día tan fantástico. Ademais, se buscades a vosa curuxina poderedes ver a coreografía do festival. Pasámolo xenial! 

     

Distribuir contido