Axudas para a distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria

AXUDAS PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA

Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria e Educación Especial en centros docentes públicos dependentes da Consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22.

alumnado destinatario será o alumnado matriculado en Educación Primaria

a) NON ten que presentar solicitude

    - O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021/2022.

b) SI ten que presentar solicitude

    - O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021/2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€.
  • Alumnado matriculado en Educación Especial.
  • Alumnado suxeito á tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.


As solicitudes presentaranse de únicamente de forma presencial no centro, do 15 ao 26 de novembro de 2021.

Podedes descargar aquí a solicitude

Documentación complementaria que hai que entregar coa solicitude:

- Anexo I e II.

- Copia do libro de familia, onde figure o alumno ou alumna e os membros computables da unidade familiar. Tamén se pode acreditar o número de membros computables da unidade familiar presentando un Certificado de convivencia ou informe dos servicios sociais.

- Certificado do grao de discapacidade.

ENCONTROS POLO BO TRATO

ANPA OUTO EUME informa:

RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR 2021

Estimadas familias.

 A Consellería de Educación publicou recentemente a normativa para a renovación dos membros dos Consellos Escolares, como se vos comunicou con anterioridade.

 Clicando nas seguintes ligazóns podedes ver a normativa vixente ao respecto:

  • Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos de goberno dos centros públicos de ensino non universitario, modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril e polo Decreto 324/ 1996.
  • Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria (Artigos 36º - 45º).
  • Orde do 21 de Outubro de 1996 pola que se determinan aspectos para a elección dos membros do Consello Escolar nos centros docentes sostidos con fondos públicos, e se fixan as súas datas de celebración.
  • Resolución do 20 de Setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos público. CONVOCATORIA

Este ano, o Consello Escolar do CEIPP A Magdalena debe renovar:

  • 2 representantes de mestres/as.
  • 3 representantes de pais/nais (un destes será designado directamente pola ANPA segundo a normativa).
  • 1 representante do persoal de administración e servizos.
  • 1 representante do Concello de As Pontes.

Coa finalidade de aclarar o procedemento, e como presidenta da Xunta Electoral, indicar o seguinte:

 ·         Os representantes dos mestres/as serán elixidos polo claustro do centro.

 ·         O representante do persoal de administración e servizos será elixido por eles mesmos.

 ·         Os representantes dos pais/nais serán elixidos por eles mesmos, podendo votar ambos proxenitores e podendo ser tamén, ambos, candidatos.

Os diferentes censos electorais atópanse expostos no taboleiro de anuncios do edificio administrativo. De non aparecer nos mesmos, pódese facer reclamación ao respecto entre os días 4 e 11 de Novembro, ambos incluídos.

 Para poder ser elixido/a como membro do Consello Escolar débese presentar candidatura ante a Xunta Electoral, entre os días 4 e 11 de Novembro, ambos incluídos. Pódese descargar o impreso de presentación de candidatura AQUÍ ou recollelo no centro, e en calquera caso será presentado perante a presidenta da Xunta Electoral.

 O 15 de Novembro, a Xunta Electoral proclamará as candidaturas, aprobaranse definitivamente os censos de ser o caso que houbera reclamacións e comezarán as campañas electorais. Tamén se realizará mediante sorteo público, a designación dos membros integrantes da mesa electoral de pais/nais; que estará composta pola presidenta da Xunta Electoral e 4 pais/nais.

17 de Novembro notificarase e convocarase aos pais/nais elixidos por sorteo á constitución da mesa electoral.

O día 22 de Novembro levaranse a cabo as distintas votacións.

 Finalmente, o novo Consello Escolar constituirase o 29 de Novembro.

Como presidenta da Xunta Electoral, anímovos a que presentedes a vosa candidatura e, de igual maneira insisto na importancia de participar nas votacións para elixir aos vosos representantes.

 

Quedo á vosa disposición ante calquera dúbida que poida xurdir ao respecto deste procedemento.

  

Un saúdo.

 

Eva M Blanco Bermúdez

Presidenta da Xunta Electoral

INSCRICIÓN RUGBY E TEATRO 2021

CONCURSO DE CABAZAS DE ABRENTE 2021

INSCRICIÓN CONCURSO CABAZAS 2021. Prema aquí para descargar o formulario.

SAMAÍN-HALLOWEEN

Con motivo da celebración do Samaín/Halloween, o vindeiro venres 29 de outubro o alumnado poderá vir DISFRAZADO ou caracterizado dalgunha personaxe relacionada con esta festividade. O disfrace ha de ser cómodo e non pode incluír complementos, como vasoiras, coitelos, tridentes, etc.

Como novidade, este ano propoñémosvos ademais que tanto nenos como nenas inclúan a DECORACIÓN DE UNLLAS nesta caracterización.

Nese día tamén poden traer unha MERENDA TERRORÍFICA en substitución da merenda habitual. 

PAGOS TELEMÁTICOS DE COMEDOR ESCOLAR

PAGO DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR

 

O pagamento da carta de pago recibida do centro educativo, deberá ser aboada ata o día 20 do mes no que reciben a dita carta de pago, prazo estabrecido na normativa reguladora dos comedores escolares. Este pago, é requisito para continuar empregando o servizo de comedor escolar no vindeiro mes.

 

LEMBRAR que no caso de NON ASISTENCIA AO COMEDOR ESCOLAR e aplicando a normativa de comedores, as familias DEBEN AVISAR, COMO MÁXIMO NO DÍA DE AUSENCIA AO COMEDOR, A SER POSIBLE ANTES DAS 09:40 DA MAÑÁ, para que non lles sexa cobrado o día.

Pagamento TELEMÁTICO a través da páxina web do espazo ABALAR

 

Para poder acceder a este servizo electrónico, deben acceder polo ESPAZO ABALAR da WEB de ABALAR a través do navegador Microsoft Internet Explorer, e deben dispoñer dun DNI electrónico ou dun CERTIFICADO DIXITAL  da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT). O acceso efectúase a través deste enderezo, premendo no botón “ACCESO AOS SERVIZOS”.

Unha vez feito o pagamento a través de ABALAR, recibimos notificación electrónica e non é necesario aportar xustificante de pago, xa que é recollido na nosa aplicacion de COMEDORES ESCOLARES, polo que nesta modalidade de pago non se precisa achegar xustificante de pago en papel ou en pdf.

Lamentablemente a APP móbil ABALAR de ANDROID e IOS non permite esta funcionalidade.

 

VÍDEO EXPLICATIVO DO PAGO POR ABALAR

Pagamento TELEMÁTICO a través da Oficina Virtual Tributaria da Consellería de Facenda

MANUAL PAGO COMEDOR

O acceso a esta modalidade de pago faise sen necesidade de certificado dixital nin DNI electrónico, de xeito telemático, copiando os datos que figuran na carta de pago que se lles envía cada mes. 

PREGÁMOSLLES NON FAGAN O PAGO ATA QUE RECIBAN A CARTA DE PAGO, PARA EVITAR ERROS NA CANTIDADE DE DÍAS A ABOAR.

 

https://ovt.atriga.gal/

 

Para empregar a aplicación ATRIGA da Consellería de Facenda, deberán activar a opción do navegador Chrome ou Mozilla Permitir POP-UPS ou ventás emerxentes.

O pago da taxa efectuase na plataforma ATRIGA a través dos seguintes menús, onde deberán cumprimentar os datos que figuran na carta de pago que recibiron do centro educativo:

A continuación, a ruta é: inicial taxa Candado aberto (acceso libre ao servizo) -> Iniciar taxa.

Ver imaxes seguintes:

A continuación ábrese un formulario onde debemos cubrir, en menús despregables, os seguintes datos:

Consellería: Consellería de Educación, universidade e formación profesional

Delegación: A Coruña

Servizo: Secretaria

Taxa: 352800-Comedores escolares.

Obxecto de pago: Poñer o nome completo da persoa que fai uso do comedor e o mes que se está a pagar.

A ingresar: Poñer o importe correspondente a pagar segundo os impresos recibidos do colexio.

Premer en seguinte e continuar cos datos identificativos do pagador e premer no botón de pago telemático.

A partir de aquí, iníciase o proceso de pago telemático que debe confirmar para entrar na plataforma de pago. Nesta, debe escoller o tipo de pago telemático, o modo tarxeta e o banco co que desexa facer a transacción.

IMPORTANTE: Só pode pagar con algún dos bancos que aparecen: ABANCA, Caixa Rural Galega, Caixabank, Caja Rural de Zamora ou EVO Banco.

Se non ten conta nalgún deses bancos, tamén o pode facer, sempre que non sexa un importe superior a 50 euros e pagando unha comisión. Para iso, debe escoller calquera opción e proseguir co pago.

Unha vez efectuado o pago, ten que descargar un xustificante como o que se mostra na imaxe que segue, e envialo ao colexio.

Pagamento PRESENCIAL nas entidades bancarias colaboradoras.

 

Unha vez feito o pago na entidade bancaria, deberán presentar no centro educativo a folla etiquetada “copia para a Administración”co garimbo ou mecanización da entidade bancaria. Sinalar que as entidades bancarias non nos remiten notificación destos pagos.

APERTURA DO PRAZO EXTRAORDINARIO PARA SOLICITAR AS AXUDAS MUNICIPAIS PARA A ESCOLARIZACIÓN. CURSO 2021-2022 - Vive As Pontes

O Concello das Pontes abre o prazo para a tramitación das solicitude da axuda ás familias para a escolarización dos seus fillos/as da convocatoria extraordinaria de setembro. O prazo para formalizar as solicitudes será do 20 ao 30 de setembro de 2021.

Esta convocatoria vai dirixida ás familias con fillos e/ou fillas empadroados/as no Concello de As Pontes, que por obrigación, tiveran que formalizar a matrícula no seu Centro, neste mes setembro

APERTURA DO PRAZO EXTRAORDINARIO PARA SOLICITAR AS AXUDAS MUNICIPAIS PARA A ESCOLARIZACIÓN. CURSO 2021-2022 - Vive As Pontes

Distribuir contido