ACTIVIDADES

Samaín - Halloween 2023

Durante a semana do 30 de outubro ao 3 de novembro celebramos no cole o Samaín/Halloween con distintas actividades:

1- Contacontos.- Algúns nenos/as de sexto léronlles contos de medo aos nenos/as de infantil e 1º de primaria na biblioteca e na aula temática.
2- A bruxa Quitamedos.- A bruxa Quitamedos recolleu todos os nosos medos, prepararou un conxuro para facelos desaparecer. Grazas, bruxa Quitamedos!!!
3- Horror experience.- Na aula temática pasamos unha xornada de medo e de adiviñas en inglés coa axuda de Aja, a nosa auxiliar de conversa.
4- Break out.- Tamén na aula temática o alumnado de 3º a 6º de primaria resolveron o estrano caso do esqueleto Eustaquio utilizando códigos QR, tabletas e escornabots sresolveron os enigmas matemáticos para axudar a Eustaquio.

E todo isto cunha ambientación do máis terrorífica con todos os monstros, apócemas, bruxas e lápidas que trouxeron os nenos e nenas ao cole. Grazas a todos polas vosas aportacións!

Inauguración Biblioteca 2023-24

PREMEDE NO PERGAMEO PARA VER FOTOGRAFÍAS DA ACTIVIDADE

UNHA VIAXE POLO MUNDO

DÍA DO LIBRO

Día do libro

A semana do 20 ao 24 de abril conmemoramos no noso centro o Día do libro. Dende a Biblioteca organizáronse diversas actividades para os distintos niveis educativos. Fotos

HALLOWEEN - SAMAÍN


O pasado 30 de outubro festexamos o Halloween e o Samaín.


Dende a Biblioteca do centro organizáronse distintas actividades.


Preme para ver as fotos aquí.

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Os días 23 e 24 de outubro conmemoramos no noso Centro o Día das Bibliotecas Escolares con diversas actividades:


- Presentación da mascota Leo.


- Presentación da Biblioteca.


- Sesión de contacontos.


- Entrega dos carnets de usuarios ao alumnado.


- Entrega das acreditacións ao alumnado colaborador nas labores de Bblioteca.


Preme aquí para ver as fotos.


 


 

Distribuir contido