Admisión de alumnado 2024 / 2025

NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE ADMISIÓN: 

- Decreto 13/2022 do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.

- ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes.

SOLICITUDE

Presentarase unha única solicitude de admisión na administración do centro. Impreso de solicitude: ANEXO II. Pódese descargar aquí, pedilo no centro ou a través da aplicación admisionalumnado.

* DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE:

1. Fotocopias do libro de familia completo.

2. Fotocopia do DNI de ambos proxenitores.

3. Certificado de matrícula (en caso de vir de cursar estudos noutro centro educativo). O alumnado de gardaría non ten que presentar ningún certificado.

4. Informe médico.

5. Fotocopia da cartilla de vacinacións.

6. Fotocopia da tarxeta do seguro médico.

7. Certificado de convivencia expedido polo Concello e que acredite o domicilio de todos os membros da unidade familiar.

8. Tres fotografías tamaño carné.

9. Convenio Regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, de ser o caso.

INFORMACIÓN IMPORTANTE

- Só se pode presentar unha única solicitude e será no centro no que se solicita a praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

- A solicitude deberá ser asinada polos dous titulares da patria potestade. Será preciso a sinatura de ambos proxenitores no caso de separación ou divorcio (agás que a patria potestade lle fose atribuída a un deles exclusivamente).

- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

NECESIDADE DE BAREMACIÓN

No suposto de que exista máis demanda que oferta de postos escolares, abrirase un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo, para presentar a documentación xustificativa dos criterios de baremación alegados.

AdxuntoTamaño
ANEXO II.pdf1.39 MB