COMEDOR ESCOLAR E TRANSPORTE 2023/2024
Publicadas as instruccións (clica AQUÍ para acceder a elas) sobre o desenvolvemento dos comedores escolares durante o curso escolar 2023/2024, ábrese o prazo para:
- Solicitar praza de comedor. O prazo para solicitar praza de comedor abranguerá os días comprendidos entre o 5 e o 14 de xullo, ambos incluídos. Podedes descargar o impreso de solicitude clicando AQUÍ. Recomendamos encarecidamente ler as instrucións da segunda páxina e empregar o aplicativo oficial da Xunta para calcular o importe da taxa que corresponde pagar segundo a renda familiar. Podedes acceder a esta calculadora de taxas clicando AQUÍ.
- Solicitar ser colaborador/a de comedor. O prazo para solicitar a colaboración no comedor estará aberto dende o día 5 de xullo ata o 1 de setembro, a non ser que non se cubran todas as prazas, caso no que quedará aberto até o 21 de decembro. Podedes descargar o impreso de solicitude de colaboración clicando AQUÍ.
Poderedes realizar estes trámites na administración do centro de luns a venres en horario de 10:00 a 13:00 horas. Alí poderedes recoller os impresos ou ben, descargalos directamente clicando nas ligazóns de máis arriba.
Recordade revisar que os impresos estén debidamente asinados antes de entregalos, así como aportar toda a documentación requirida.
Previsiblemente, a listaxe provisional de admitidos e de reserva publicarase o 18 de Xullo a última hora da mañá na porta de entrada do edificio administrativo e, logo dos 5 días dispoñibles dende esta publicación para realizar as alegacións correspondentes, o 27 de Xullo publicarase a definitiva.
Estamos en prazo ademáis de solicitude de novas paradas de transporte escolar para usuarios lexítimos do mesmo, é dicir, aqueles cuxo domicilio estando ubicado dentro da área de escolarización desde centro, está a máis de 2 km do CEIPP A Magdalena. O prazo estará aberto até o 7 de xullo. Recordamos que os usuarios non lexítimos, aqueles cuxo domicilio estea a menos de 2 km do centro, que queiran solicitar uso excepcional do transporte para o vindeiro curso, terán que cubrir ESTE IMPRESO e entregalo na dirección do centro. Tamén se poderá solicitar na secretaría ou dirección.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Instrución 2-2023 Comedores.pdf | 392.27 KB |
Solicitude completa comedor 2023_2024.pdf | 434.2 KB |
Anexo III - Colaboradores.pdf | 215.26 KB |
Solicitude excepcional transporte 2023-24.pdf | 291 KB |