FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2023-2024

Ven de ser publicada no DOG do 19 de Maio de 2023, a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

NORMAS XERAIS:

  • Prazo de presentación de solicitudes: 22 maio - 21 de xuño
  • Estas axudas están dirixidas ao alumnado que o vindeiro ano escolar curse Educación Primaria ou ESO.
  • O alumnado que na actualidade cursa 6º de Primaria, deberá presentar a solicitude no IES correspondente.
  • Presentarase unha única instancia para todos os fillos e fillas admitidos/matriculados no mesmo centro para o curso 2023/2024
  • As solicitudes pódense presentar das seguintes formas:

          -  Presencialmente no centro: recollendo o modelo na secretaría do centro ou descargando os "Anexo I e Anexo II" no aplicativo FondoLibros. Unha     vez cumprimentados entregaranse no centro adxuntando a documentación que se sinala máis abaixo.
          - A través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia achegando os mesmos anexos e documentación complementaria.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Anexo I e Anexo II asinados por ambos proxenitores.
  • Copia do libro de familia na que figuren os membros computables da unidade familair
  • Sentenza xudicial e/ou o convenio regulador no que conste a atribución da custodia do/a menor, de ser o caso.
  • Certificado acreditativo do grao de discapacidade, de ser o caso.

PRAZOS:

  • 20 de xuño: data límite para a entrega dos libros do fondo emprestados no presente curso.
  • 21 de xuño: data límite para a entrega da solicitude e documentación para as axudas de libros 2023/2014
  • 27 de xuño: Publicación da resolución provisional no taboleiro do centro.
  • 28 e 29 de xuño: período de reclamación á resolución provisional.
  • 3 de xullo: publicación da resolución definitiva no taboleiro do centro.
  • 3-7 de xullo: entrega dos vales de libros e material concedidos.
  • Primeiros días de setembro: entrega dos libros asignados ao alumnado.
AdxuntoTamaño
Anexo I e Anexo II.pdf1.61 MB