O curso pasado celebramos...Este ano tocará...

Novas

IMPORTANTE.AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN DO CONCELLO DE OLEIROS

Bo día, familias,

 

O venres publicouse no BOP o extracto da convocatoria das axudas á escolarización para o curso 2019/2020 que se fai dende a concellería de Servizos Sociais e Sanidade no Concello de Oleiros.

Estas axudas son compatibles coas convocadas pola Xunta de Galicia.

As bases completas podedes atopalas na web do Concello de Oleiros, na concellería de Servizos Sociais e Sanidade. Tamén atoparedes o formulario que debedes cubrir e a documentación que se debe aportar.

Estes papeis tedes que entregalos no Concello e tedes ata o 20 de xuño.

Un saúdo!!

BENVIDOS A "UN DÍA NO COLE" (nenos/as que comezan curso en setembro)

Bo día, familias

 

Informamos que o Venres, 7 de xuño de 12:15h a 13:15h, teremos unha xornada de convivencia cos nenos e nenas de 3 aniños que comezarán o curso en setembro e o alumnado de 6º EI e as súas titoras. Faremos actividades de relación, coñeceremos espazos, xogaremos... para que os máis pequeniños tomen contacto cos lugares, mestres e amigos que os acompañarán nesta nova andanza.

Cada nen@ deberá vir cun adulto de referencia que permanecerá con nós todo o tempo. Entraredes polas escaleiras exteriores do edificio de infantil e sairedes polo mesmo sitio. É moi importante e rogamos a vosa colaboración para interferir o menos posible no desenvolvemento normal das clases.

Estamos seguros de que a experiencia será proveitosa para todos e contribuirá a achegarnos un pouco máis.

 

Graciñas e vémonos este venres!!

 

 

                 

IMPORTANTE PARA O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día, familias

 

Dende o IES MARÍA CASARES informan que xa está dispoñible na súa páxina web un enlace para realizar a pre-matrícula e a elección de materias optativas para o curso 2019/2020.

No seguinte enlace xa podedes ir directos.

 

ENLACE IES MARIA CASARES

 

FONDO DE LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL PARA O CURSO 2019/2020

Bo día, familias

 

No DOG do 20 de maio de 2019 aparece a Orde do 3 de maio de 2019, que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e a convocatoria de axudas para a adquisición de libros e material escolar para o curso 2019/2020, destinada a alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos.

Segundo as instruccións:

 

-FONDO SOLIDARIO: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Mantéñense os libros do curso 2018/2019.

 

-AXUDA ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO: cursos de 1º e 2º de Educación Primaria.

 

-AXUDA PARA MATERIAL ESCOLAR: alumnado de Educación Primaria con rendas igual ou inferiores a 5400€.

 

Engadir que o colexio ten presentado o proxecto E-DIXGAL para o curso 2019/2020 en 5º de Educación Primaria. De ser este aprobado, o alumnado deste curso quedaría excluído da participación no fondo solidario, posto que o material xa o aporta o propio proxecto.

 

O prazo para presentar a solidicitude é do 21 de maio ao 21 de xuño  de 2019. A solicitude pódese presentar presencialmente no centro ou accedendo á aplicación informática "fondolibros" (www.edu.xunta.es/fondolibros).

No seguine enlace podedes ver a publicación do DOG con toda esta información detallada.

 

ENLACE

 

 

 

 

MAÑÁ NON TEMOS COLEXIO

Bo día,

 

Recordamos que mañá non teremos colexio por ser o o día das Letras Galegas.

Vémonos o luns!

                                    

 

                           

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNOS ADMITIDOS PARA O CURSO 2019/2020

Bo día,

 

Informamos que a listaxe provisional de admitidos para o curso 2019/2020 xa se pode consultar no taboleiro do noso colexio.

                

 

                 

CHARLA INFORMATIVA:BO USO DE INTERNET, XOGOS E RRSS PARA PAIS DE ALUMNOS ATA 6º DE ED.PRIMARIA

Bo día, familias,

 

Ante a enorme importancia que ten, cada vez máis en idades temperás, un bo uso de internet, xogos e redes sociais, invitámosvos a asistir a un encontro con persoal especializado para falar destas ferramentas e do mellor uso e precaucións a tomar con elas para evitar problemas que poden afectar tanto a súa saúde física como intelectual, emocional e de relacións.

Agardamos a vosa presenza e participación para informarnos e compartir medidas que axuden a unha mellor educación integral dos vosos fillos.

 

DATA: MARTES, 26 DE MARZO.

LUGAR: SALA DE USOS MÚLTIPLES DO COLEXIO (1º andar).

HORA: 19:00 HORAS (tempo aprox. 1 hora).

 

AGARDÁMOSVOS!!

PONTE DE MARZO

Bo dìa familias,

 

Recordade que non teremos clase ata o mércores, 20 de marzo, posto que este luns foi un dos dìas escollidos como non lectivo e o martes é festivo.

Disfrutade da ponte!!! 

Vémonos o mércores.

DIA INTERNACIONAL DA MULLER

Bo día, familias

 

Con motivo da folga convocada par ao día 8 de marzo ( Día Internacional da Muller), este centro informa que parte do persoal docente e non docente ten pensado acollerse ao seu dereito á participación na folga polo que o desenvolvemento habitual da xornada escolar verase afectado.

Para abordar a situación o colexio seguirá o disposto no Decreto 19/2019 do 28 de febreiro, polo que se ditan as normas para garantir os servizos esenciais para ese día (Dog 1/03/2019).

Agracedemos a vosa colaboración.

 

LEMBRANZA

Dende o Ceip Luis Seoane de Canide non podiamos deixar pasar este día sen lembrarnos de ESTHER PITA, unha muller loitadora, boa , xenerosa e amante dos nenos e nenas que co seu bo facer contribuiu a que Oleiros sexa ese lugar para vivir e disfrutar que todos queremos.

 

GRACIÑAS ESTHER, SEMPRE TE RECORDAREMOS

Distribuir contido