Novas

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O mércores 16 de maio celebramos cunha festa estupenda o día das Letras Galegas, este ano, adicado a Mª Victoria Moreno.

Ao son dunhas e duns pandereiteiros estupendos, bailamos varias muñeiras... e rematamos a festas cantando o noso Himno Galego. Viva o Fogar de Breogán!

Aquí tedes o vídeo resumo de todo!

VÍDEO DA CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS.

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Bo día,

 

Recordarvos que mañá, 17 de Maio, non teremos clase por ser o día das Letras Galegas o cal festexamos hoxe no colexio e que nestes días poderedes ver a través das fotos e vídeos que se colgarán na páxina.

Voltaremos o venres día 18.

 

                       FELIZ DÍA DAS NOSAS LETRAS

Actividades da semana do Autismo

Para pechar as actividades para conmemorar o día da concienciación do Autismo, o cole engalanouse de azul e enchemos o tendedeiro do noso patio interior de roupa con mensaxes de integración e positividade... Todos somos diferentes!!

 Ademáis podedes ver un vídeo xenial, onde os nosos alumnos e alumnas do centro explican que é o TEA... Non volo perdades!!!!

Pinchade no seguinte enlace: VÍDEO SEMANA DO AUTISMO

 

DÍA DO LIBRO

O 23 de Abril celebramos o día do Libro e no centro fixemos moitas actividades sobre o tema.

Elaboramos marcadores informativos na aula (para que non molestedes aos vosos nenos e nenas cando están a ler na súa habitación :-)

Fixemos actividades de fomento da lectura nas aula e participamos nunha ao aire libre, aproveitando o bo día que fixo!

Ademáis a biblioteca púxose de "gala" para a celebración do seu día máis importante!

 

 

XORNADAS DE FORMACIÓN DO PROGRAMA DE AUTOPROTECCIÓN

Onte, o profesorado, participou nas Xornadas de Formación para a posta en práctica do programa de autoprotección do centro. 

O Equipo de Emerxencias do Concello de Oleiros formounos na prevención, actuación e os procesos de evacuación que levaremos a cabo ante as diferentes situacións de emerxencias que podemos vivir no noso Centro e que xa están recollidos no noso Plan de Autoprotección. 

Proximamente, realizaremos no noso Centro, un simulacro de evacuación.

 

 

 

FOLGA DO 8 DE MARZO DO 2018

Estimadas familias,

 

Con motivo da folga convocada para o día 8 de marzo do 2018 (Día Internacional da Muller), este Centro informa que parte do persoal docente e non docente ten pensado acollerse ao seu dereito á participación na folga polo que o desenvolvemento habitual da xornada escolar verase afectado.

Para abordar a situación o colexio seguirá o disposto no Decreto 26/2018 do 1 de Marzo polo que se ditan normas para garantir os servizos esenciais para ese día (DOG  07/03/2018).

Agradecemos, coma sempre, a vosa inestimable colaboración.

Atte. Equipo Directivo

 

 

 

 

 

CONCERTO DE MATEO

O noso alumno Mateo participa nun programa de ensinanza de música no Conservatorio Profesional da Coruña para alumnos e alumnas con necesidades especiais de aprendizaxe.

A finais de febreiro participou nun concerto no CEFORE, interpretando o Segundo movemento da "Sinfonía Del Nuevo Mundo” de Dvorak, tocando a trompa.

Podedes ver nestes enlaces o bien que o fixo.

Noraboa, Mateo!

 

PRIMEIRO PASE DO CONCERTO

SEGUNDO PASE DO CONCERTO

 

PROCEDEMENTO PARA ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2018/2019

Bo día,

 

As datas para entregar a documentación necesaria para a admisión do alumnado de nova incorporación a este centro para o curso 2018/2019 son:

 

DO 1 AO 20 DE MARZO

 

 

VíDEOS DA FESTA DO ENTROIDO 2018

Podedes ver, nos seguintes vídeos, o ben que o pasamos na festa do Entroido.

Educación Infantil

Baile de 6º de PRIMARIA

BAILE FINAL

Esperamos que vos guste! E moitas grazas por participar!

PARA TODOS OS MESTRES E MESTRAS

MOITAS GRAZAS FORGES

 

Distribuir contido