O curso pasado celebramos...Este ano tocará...

Novas

CHARLA INFORMATIVA:BO USO DE INTERNET, XOGOS E REDES SOCIAIS PARA ALUMNOS ATA 6º DE EP

Boas familias,

 

Recordamos que hoxe, ás 19:00 horas na sala de usos múltiples do colexio (1º andar), podedes asistir a unha charla informativa sobre o bo uso de internet, xogos e redes sociais e todo o que esto conleva en alumnos de ata 6º de primaria.

Debido a relevancia que cada vez ten esta temática nas nosas vidas diarias, consideramos moi importante a vosa presenza e poder iformarnos e axudarnos entre todos.

 

Agardámosvos!!!!!

CHARLA INFORMATIVA:BO USO DE INTERNET, XOGOS E REDES SOCIAIS PARA ALUMNOS ATA 6º DE EP

Boas familias,

 

Ante a enorme importancia que ten, cada vez en idades máis temperás, un bo uso de internet, xogos e redes sociais, invitámosvos a asistir a un encontro con persoal especializado para falar destas ferramentas e do mellor uso e precaucións a tomar con elas para previr/evitar problemas que poden afectar tanto a súa saúde física, como intelectual, emocional e de relacións...

Debido a temática a tratar, consideramos moi importante a vosa presenza e participación para informarnos e compartir medidas que axuden a un mellor educación integral dos vosos fillos.

A charla terá lugar o XOVES, 6 DE FEBREIRO , na sala de usos múltiples do colexio (no 1º andar) ás 19:00 horas.

 

Agardámosvos!!!!

RESOLUCIÓN DEFINITIVA BECAS COMEDOR ESCOLAR

Bo día,

 

Adxuntamos a esta entrada o anuncio de CONCESIÓN DEFINITIVA DE AXUDAS PARA ASISTENCIA A COMEDORES ESCOLARES, CURSO 2019/2020.

 

Tamén se pode consultar no taboleiros do noso colexio.

 

Saúdos!!!

 

SUBVENCIÓN CONCELLO

BO DÍA,

 

 

ADXUNTAMOS COMUNICACIÓN POR PARTE DO CONCELLO EN RELACIÓN A SUBVENCIÓN PARA A PROMOCIÓN E  DIFUSIÓN DE CULTURA E DEPORTE DO ANO 2019.

 

BO NADAL A TODOS E FELIZ 2020!!!

AXUDAS PARA ASISTENCIA A COMEDORES

BO DÍA,

 

NO SEGUINTE ENLACE PODEDES VER DO ANUNCIO DA AVALIACIÓN DAS AXUDAS PARA COMEDORES ESCOLARES DO CURSO 2019/2020.

TAMÉN O PODEDES CONSULTAR NO TABOLEIROS DO NOSO COLEXIO.

 

UN SAÚDO.

 

ENLACE

MAGOSTOMAÍN

Estimadas familias do alumnado do Ceip Luis Seoane:

 

Un ano máis celebraremos no mes de outubro o MAGOSTOMAÍN e queremos animar a todas as nenas e nenos do cole a participar nas seguintes actividades:

 

-EXPOSICIÓN DE CABAZAS: para poder disfrutar máis tempo da exposición de cabazas, éstas poderán chegar ao centro a partir do luns 21 de outubro decoradas pero pechadas, sen baleirar, co nome e curso do autro ou autora  (quen queira traela baleira ten que traela a partir do luns 28 de outubro).

 

-DEGUSTACIÓN DE CASTAÑAS: o mércores 30 de outubro, e sempre que o tempo o permita, celebraremos pola mañá o tradicional MAGOSTO no colexio, polo que pedimos que traiades unha presa de castañas xa picadas a partir do luns 28 de outrubro para poder degustalas entre todos. Aqueles alumnos que queiran, poderán asistir disfrazados ao cole para dar moito medo ese día.

 

APROVEITAMOS PARA DAR AS GRAZAS A TODAS E TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN

CAMBIO REUNIÓN DE 4º DE PRIMARIA

Bo día,

 

Cámbiase a reunión de 4º de Educación Primaria para o día:

 

        LUNS, 14 DE OUTUBRO ÁS 17:00 HORAS.

REUNIÓNS COAS FAMILIAS

Bo día,

A continuación poñemos os días e as horas das reunións de cada titoría:

 

EDUCACIÓN INFANTIL

-4º Educación Infantil : LUNS, 28 DE OUTUBRO ás 17:00h.

-5º Educación Infantil : LUNS ,14 DE OUTUBRO ás 17:00h.

-6º Educación Infantil : LUNS, 21 DE OUTUBRO ás 17:00h.

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

-1º Educación Primaria : LUNS, 30 SETEMBRO ás 16:00h.

-2º Educación Primaria : LUNS, 30 SETEMBRO ás 17:00h.

-3º Educación Primaria : LUNS, 7 OUTUBRO ás 17:00h.

-4º Educación Primaria : LUNS, 7 OUTUBRO ás 17:00h.

-5º Educación Primaria : LUNS, 23 SETEMBRO ás 16:00h.

-6º Educación Primaria : LUNS, 23 SETEMBRO ás 16:00h.

 

LISTAXE AULAS

Bo día,

 

Xa podedes consultar a listaxe de aulas no taboleiro do colexio. Estas listas poden sufrir modificacións debido a novas incorporacións.

 

Un saúdo

REUNIÓN FAMILIAS ALUMNOS DE 3 ANOS

 

 

Queridas Familias:

Con motivo da incorporación do vos@ fill@ ao noso colexio, dende o Departamento de Orientación e, en coordinación cas titoras, queremos convidarvos a participar nunha xuntanza na que se plantexen temas que axuden ás familias a responder ás cuestións que de seguro vos estades facendo: qué se fai no colexio? , quén está dentro? , para qué serve?...

 

O colexio é un lugar de xogo, aprendizaxe e interacción social , familiais e profesorado deben estar atentos para que a escolarización se realice de forma natural. 

 

Vós, como país, xogades un papel moi importante neste momento, a adaptación dos fillos estará condicionada por cómo asumades a separación, os vosos temores, as vosas expectativas, a ansiedade, a seguridade ou inseguridade na decisión tomada e a confianza que tedes nas súas posibilidades. Estes sentimentos poden ser trasmitidos por vós a través de manifestacións de excesiva preocupación, anguria, etc., que son captadas polos menores respondendo inconscientemente a elas de forma negativa.

 

"Os primerios día de colexio son moi importantes na vida familiar. 

A escola é a continuidade da familia, é  o primeiro medio de

socialización e o porfes@r debe asumir ese rol. O alumnado non

coñece nin a estrutura nin o funcionamento, por elo o traballo de

adaptación e comprensión son prioritarios na progamación do

acceso ao colexio".

 

Para superar dúbidas, temores e ansiedades é obrigado potenciar os contactos centro – familia, antes e despois da incorporación ao centro polo que convocámosvos a unha reunión (sen nenos e nenas)na Sala de Usos Múltiples (1º andar) para o luns 9 de Setembro as 12:00h (rogamos asistan pais/nais e/ou adultos de referencia para os nenos)

 

Estamos segur@s de que a experiencia será proveitosa para tod@s e contribuirá a achegarnos un pouco mais si cabe.

 

Graciñas e una forte aperta

 

O Equipo Docente do CEIP Luís Seoane

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido