REUNIÓN FAMILIAS ALUMNOS DE 3 ANOS

 

 

Queridas Familias:

Con motivo da incorporación do vos@ fill@ ao noso colexio, dende o Departamento de Orientación e, en coordinación cas titoras, queremos convidarvos a participar nunha xuntanza na que se plantexen temas que axuden ás familias a responder ás cuestións que de seguro vos estades facendo: qué se fai no colexio? , quén está dentro? , para qué serve?...

 

O colexio é un lugar de xogo, aprendizaxe e interacción social , familiais e profesorado deben estar atentos para que a escolarización se realice de forma natural. 

 

Vós, como país, xogades un papel moi importante neste momento, a adaptación dos fillos estará condicionada por cómo asumades a separación, os vosos temores, as vosas expectativas, a ansiedade, a seguridade ou inseguridade na decisión tomada e a confianza que tedes nas súas posibilidades. Estes sentimentos poden ser trasmitidos por vós a través de manifestacións de excesiva preocupación, anguria, etc., que son captadas polos menores respondendo inconscientemente a elas de forma negativa.

 

"Os primerios día de colexio son moi importantes na vida familiar. 

A escola é a continuidade da familia, é  o primeiro medio de

socialización e o porfes@r debe asumir ese rol. O alumnado non

coñece nin a estrutura nin o funcionamento, por elo o traballo de

adaptación e comprensión son prioritarios na progamación do

acceso ao colexio".

 

Para superar dúbidas, temores e ansiedades é obrigado potenciar os contactos centro – familia, antes e despois da incorporación ao centro polo que convocámosvos a unha reunión (sen nenos e nenas)na Sala de Usos Múltiples (1º andar) para o luns 9 de Setembro as 12:00h (rogamos asistan pais/nais e/ou adultos de referencia para os nenos)

 

Estamos segur@s de que a experiencia será proveitosa para tod@s e contribuirá a achegarnos un pouco mais si cabe.

 

Graciñas e una forte aperta

 

O Equipo Docente do CEIP Luís Seoane