Novas

AXUDAS PARA ASISTENCIA A COMEDORES ESCOLARES-CONCELLO OLEIROS

Bo día, familias,

 

Nesta entrada podedes informarvos sobre as axudas para asistencia a comedores escolares no curso 2019/2020 por parte do Concello de Oleiros.

Tedes ata o 30 de setembro para solicitala!!!

CURSO 2019/2020

Bo día, familias,

 

Non queda nada para o comezo do novo curso escolar. Deixamos nesta entrada o calendario escolar do 2019/2020.

A aclaración dos días marcados podedes consultalo no archivo adxunto.

 

Vémonos en nada!! Aproveitade os últimos días!!

 

                            

DÍA PARA RECOLLER LIBROS DO FONDO DA XUNTA

Bo día,

 

 

Infórmase de que

 

MÉRCORES, 4 SETEMBRO 

HORARIO DE 11:30H A 13:00H

LUGAR: COLEXIO

 

entregaranse os libros correspondentes ao fondo de axuda da xunta.

LISTAXE DEFINITIVA DE FONDO LIBROS DA XUNTA DE 3º A 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día,

Adxuntamos a listaxe definitiva de axuda do fondo solidario de libros de texto, tanto os admitidos como os excluídos.

Nesta lista xa podedes ver os libros que se vos conceden.

Tamén as podedes consultar no taboleiro do colexio.

 

Un saúdo.

RECOLLIDA DE CHEQUES DO FONDO DA XUNTA

Bo día,

 

Informamos que xa podedes pasar a recoller os cheques de material do fondo da xunta.

Canto antes veñades moito mellor!!! ;)

 

Graciñas

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS DO FONDO DA XUNTA

Bo día,

 

Adxuntamos a esta publicación a listaxe provisional de admitidos e excluídos no reparto de libros correspondentes ao fondo  da xunta.

Tamén se pode consulta no taboleiro do noso colexio.

 

A partir desta publicación tedes dous días para posibles reclamacións.

 

ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL PARA O CURSO 2019/2020

BO DÍA,

 

INFORMAMOS DE QUE A LISTAXE DE ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL POR CURSO XA SE PODE CONSULTAR NO TABOLEIRO DO NOSO COLEXIO.

 

UN SAÚDO.

 

 

LIBROS DE TEXTO. CURSO 2019/2020

Bo día,

 

ADXUNTAMOS A LISTAXE DE LIBROS PARA O CURSO 2019/2020 QUE TAMÉN PODEDES VER NO TABOLEIRO DO COLEXIO.

 

UN SAÚDO

 

PD: Recordade que aínda estamos pendentes do fondo de libros da Xunta e do ANPA.

NOTA ACLARATORIA DA ANPA

Bo día, familias

 

En relación á última circular entregada pola ANPA fanse as seguintes aclaracións:

 

O BANCO DE LIBROS DE PRÉSTAMO ANPA É UN FONDO SOLIDARIO PARA SOCIOS E SOCIAS DO ANPA e o seu procedemento é o seguinte:

 

ORDE DE PRIORIDADE:

 

1º-Complementaranse os libros que lles falten aos nenos que fixeron solicitudes do fondo solidario da Xunta (sairá a resolución na primeria quincena de Xullo).

OS PAIS E NAIS TRAERÁN CUBERTO O FORMULARIO DO ANPA COS LIBROS QUE LLES FLATEN E OS DÍAS 16 E 17 DE XULLO DE 16:00 A 17:30H, POR ORDE DE CHEGADA, ENTREGARANSE.

 

2º-Os nenos que non solicitaron a través da Xunta os libros e entregaron o formulario na ANPA ata o 21 de Xuño, poderán vir ao cole a recoller os libros os días:

-27 DE XUÑO DE 16:00 A 17:00H.

-UN DÍA DE SETEMBRO QUE COINCIEIRÁ CO DÍA QUE O COLE ASIGNE PARA A ENTREGA DE LIBROS DA XUNTA.

RESOLUCIÓN DA COMISIÓN DE ESCOLARIZACIÓN DE OLEIROS

Bo día,familias,

 

Adxuntamos a esta entrada a resolución da comisión de escolarización de Oleiros, reunida o 6 de xuño de 2019.

Tamén a podedes consultar no taboleiros do noso colexio.

Distribuir contido