CONCURSO: "A natureza que nos rodea" CAMPO DA FEIRA DE MAÑÓN

E rematamos a nosa andaina no CAMPO DA FEIRA de MAÑÓN onde, antigamente, se celebraban diversas feiras que pouco a pouco foron desaparecendo:

  • O 4º domingo de cada mes - Feira de domingo
  • O 4º domingo de maio - Feira e Festa das flores
  • O 4º domingo de setembro - Feira e Festa do Carmen
  • A partires do mes de maio do ano 1950 cada 2º sábado de cada mes - Feira de sábado

Atopamos aquí a Igrexa de Sta. María de Mañón que alberga unhas pinturas murais que, segundo algún estudo realizado, sitúanse cronoloxicamente no último cuarto do s.XV e na primeira metade do s.XVI. As máis antigas constitúen unha interesante mostra do último gótico en Galicia.

Se seguimos avanzando río arriba, adentrámonos na parroquia de Grañas de Sor na que conflúen pintorescas aldeas entre as arrugas máis frondosas da serra, a Serra da Faladoira. Foi Federico Maciñeira quen falou por primeira vez da Serra da Faladoira como camiño neolítico, un camiño prehistórico balizado por nada menos que 87 túmulos, na súa maioría megalíticos, que unía o alto Eume co porto de Bares pola serra, tantas veces percorrido por el a pé e a cabalo.

 

Forno dos Mouros

 

O túmulo maior é o Forno dos Mouros que é o número 32 do inventario tumular de Maciñeira e aínda que lle falta a tampa ou lousa de cobertura é o megalito máis impresionante de toda Galicia, pola súa situación na liña do horizonte, a relación inmediata con outras medoñas, a sinxeleza e pureza das súas liñas e materiais (cuarzo e lousa), e as súas proporcións colosais.

 

Moi preto do túmulo 32 de Forno dos Mouros atópase o túmulo 34 sobre o que está chantado un cruceiro monolítico de lousa que alcanza uns 2 m de altura. Coñécese como Cristo da Faladora ou Cruz de Alvar González. É o único cruceiro galego sobre túmulo megalítico.

 

Cruz da Faladoira

 

 

Os cinco túmulos que compoñen a Necrópolis de Pena Faladora parece ser que estaban precedidos por un menhir que segundo a descripción de Barros Sivelo era un menhir de demarcación. 

 

Menhir da Faladoira

 

 Espero que desfrutárades tanto coma min deste percorrido polo noso Concello no que serra, mar e río provocan as mellores paisaxes nas que se funden historias e lendas. Foi un pracer xogar convosco.

 

E agora a superar a última proba:

 

 Primeira pregunta

Segunda pregunta

 DATA LÍMITE DE ENTREGA DESTA ÚLTIMA PROBA: SÁBADO 8 DE XUÑO