blogue deDirección

DÍA DE ROSALÍA

Xa nos están chegando as vosas fotos para conmemorar o Día de Rosalía pero aínda queda moito espazo no mural e para facer a montaxe de fotos. Agardamos as vosas fotos. Lembrade "O que vos pedimos é unha imaxe (foto-debuxo, en tamaño A5 ou A4 máximo) na que as familias saiades “ en festas populares, de foliada, bailando, cantando,...”. Botádelle imaxinación, coma sempre. Deberedes envialas por correo electrónico á: bibliotecalamas@gmail.com"

   

VÍDEO ENTROIDO 2024

Preme na imaxe para ver o vídeo da XI MOstra de Entroido Tradicional coa visita dos Chocalleiros/as de Vilardevós.

Entrevista ao ex xogador do Monbus Obradoiro, David Navarro

Os alumnos do Club de Radio Andrea Martínez, Ianire Codesido e Xavi Varela entrevistan á David Navarro Brugal que nos fala do seu libro "O soño de Liam" escrito por este ex xogador do Monbus Obradoiro. Entre outras actividades, agora retirado, axúdalle a novos xogadores/as a conseguir o seu soño de ser profesionais do baloncesto.

David explica que recolle os soños e o espírito de superación dun rapaz afeccionado ao baloncesto.

Sitúa O soño de Liam no mundo do baloncesto que tan ben coñece para insistir que sexan cales sexan as arelas dos rapaces sempre se poden acadar pero é preciso para iso traballo e afán de superación. 

Remate co primeiro grupo de lectura

E así de contentos rematamos con este primeiro grupo no Club de Lectura. Despois de elexir as escenas que máis lles gustaron adicámoslle un par de días a representación destas escenas. Coa idea de representala de cara a finais de curso diante dos alumnos do cole. Foi todo un pracer e disfrutamos moito!!

Entrevista á adestradora de baloncesto

As alumnas do Club de Radio entrevistaron a súa adestradora de baloncesto, Andrea Vázquez Varela. E ainda que non nos puido acompañar foi todo un pracer coñecela un pouquiño máis. Grazas Andrea pola túa colaboración!!

A continuación  o seu podcast.

 

DÍA DE ROSALÍA.

O próximo día 23 de febreiro celebraremos o Día de Rosalía e, como cada ano, solicitamos a vosa colaboración para encher de “festa” un mural conmemorativo desta data colocado na entrada do cole e facer unha montaxe coas fotos que nos enviedes.
            Animámosvos a que leades o manifesto deste ano da AELG. O lema elixido é #oamordapatriagalega

Basándonos no poema “Has de cantar” de Cantares Gallegos queremos que nos amosedes o voso amor por Galicia a través das nosas festas, os nosos bailes, as nosas músicas, ...

O que vos pedimos desta vez é unha imaxe (foto-debuxo, en tamaño A5 ou A4 máximo) na que as familias saiades “ en festas populares, de foliada, bailando, cantando,...”. Botádelle imaxinación, coma sempre. Deberedes envialas por correo electrónico á: bibliotecalamas@gmail.com   

O 23 de febreiro será o derradeiro día para recibir as imaxes. Un ano máis, animádevos a participar e moitas grazas pola vosa colaboración.

 

 

Aitana no Lamas

Uxia, Daniela e Hugo dende a radio do Ceip Lamas de Abade lanzan unha breve entrevista a nosa cantante, compositora e actriz española, Aitana.

 

MANDADOS MECO ENTROIDO

OBRADOIRO AUGAS DE GALICIA.

Onte o alumnado de 4º de primaria asistiu a un obradoiro lúdico organizado por Augas de Galicia. Este obradoiro está dentro da campaña de concienciación sobre inundacións por desbordamento de ríos. O noso centro está situado nun concello especialmente vulnerable neste aspecto. Este obradoiro serviu para concienciar sobre o risco e mellorar a preparación da poboación sobre posibles inundacións.

Plan de Xestión

 

 

 

 

PRESENTACIÓN LIBRO DA NOSA EXALUMNA HENAR SENDE.

O pasado martes a nosa exalumna Henar Sende (que agora cursa a ESO no IES Lamas de Abade) veunos a presentar a súa nova novela “Academia Greenhouse”. Foi unha charla moi interesante na que tamén nos explicou o seu xeito de traballar e contestou a numerosas preguntas. Xunto á profesora Almudena animou a todos/as a que escriban e gocen coa lectura. Moitas grazas Henar por vir e desexámoste unha longa carreira literaria.

  

Distribuir contido