blogue deDirección

PERÍODO BAREMACIÓN

Informamos que non hai que baremar. Foi admitido todo o alumnado que presentou neste centro unha solicitude no proceso de admisión para o curso 24-25.  

PROCEDEMENTO ADMISIÓN ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 24-25

Prazo de solicitude:

·  Do 1 de marzo ao 20 de marzo (inclusive)

 Onde presentar a solicitude:

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

1. Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no centro: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá
 seleccionar a opción de menú Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón Crear e Confirmar. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

2.   Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica: 
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón Confirmar solicitude e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR E CONSENTIMENTO DO PROXENITOR/A, de selo caso, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).

3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro: 

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

·    SOLICITUDE: Galego

·    SOLICITUD: Castelán

Documentación a presentar coa solicitude .

· Documento acreditativo do alumno (Fotocopia do DNI, Libro de Familiar, NIE, Pasaporte....)

·       Fotocopia do DNI, Libro de Familiar, NIE, Pasaporte, do (Pai, nai, o titor legal).

****  Se existen mais solicitudes que prazas, dará comezo a baremación dos criterios alegados na solicitude e abrirase un prazo de 10 días para a entrega da documentación correspondente.

Normativa relacionada.

·    Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

·     Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550B)

·    Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

 

UNHA ENXEÑEIRA OU CIENTÍFICA EN CADA COLE.

Nestes días o alumnado de 4º de primaria participou na actividade organizada pola Oficina de Igualdade de Xénero: "Unha enxeñeira ou científica en cada cole".

O alumnado de 4º A e 4º C participou no obradoiro Exploramos para que non nos conten trolas? impartido pola profesora Paula Saavedra Nieves do Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

O alumnado de 4º B participou no obradoiro Lume no monte impartido pola profesora Otilia Reyes Ferreira e a investigadora Sheila Fernández Riveiro do departamento de Ecoloxía da Facultade de Bioloxía.

 Foron unhas actividades moi interesantes e oxalá que esperte no noso alumnado a paixón pola ciencia e a matemática como nos amosaron as nosas poñentes.  Moitas grazas pola vosa presenza.

 

 

OFERTA PROVISIONAL DE VACANTES PARA O CURSO 24-25

Oferta provisional de vacantes para o próximo curso escolar 24-25.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 20 FEBREIRO 2024 17:00h.

O vindeiro martes 20 de febreiro ás 17:00 no salón de usos mútilples de Infantil, levarase a cabo unha xuntanza informativa para coñecer o colexio.

COÑECENDO O RUGBY.

A pasada semana o alumnado de 6º, 3º e 4º de primaria coñeceron o nobre deporte do Rugby. Dan man do Santiago Rugby e a Asociación Valentes o alumnado, durante a clase de Ed. Física, practicaron co balón ovalado e houbo un tempo para os placaxes que foi o que máis lles gustou. Grazas a todos os adestradores/as e xogadoras que nos viñeron a ensinar o rugby.


 

 

 

TEATRO PARA DESPEDIR O TRIMESTRE.

        O pasado xoves 21 de decembro, coma despedida do trimestre e do ano 23, o alumnado do colexio asistiu a unhas representacións teatrais. Dentro do PDI que queremos iniciar este curso “A escena!” relacionado co 40 aniversario de Centro Dramático Galego, quixemos ir quentando motores. O alumnado de Infantil e 1º e 2º de primaria pasaron pola sala multiusos de psicomotricidade para ver o espectáculo de monicreques e música tradicional que nos trouxeron “Os Monifates”. Por outra banda, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria acudiu ao salón de actos do CIFP. Compostela, (que amablemente nolo cederon e polo que, desde aquí lles damos as grazas de novo), á representación da obra “Cartoóns” da compañía Excéntrica Teatro.

        As dúas compañías fixéronnolo pasar xenial e agardemos que o alumnado quedara con gañas de máis para coller pulo para o PDI e saltar a escena.

 

 

 

TELEXORNAL 6º A INFANTIL

O alumnado de 6º A de Infantil presenta o telexornal, moi atentos ás últimas novas.

Premer na imaxe.

BREAKDANCE!

Esta mañá o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria gozaron dunha sesión de breakdance. Da man da Escola de danza e centro de adestramento BreakInclan e en colaboración co departamento de Ed. Física, o alumnado aprendeu e practicou un pasos desta disciplina (Breaking) que será olímpica por primeira vez na vindeira olimpíada de París 2024. Tamén deleitáronse coas acrobacias e bailes de Artur, Sergi e Rubén e moitos/as nenos/as tamén se atreveron a amosar as súas habilidades.

 

 

ANDAINA 25N

O pasado 24 de novembro organizouse desde o Equipo de Convivencia unha andaina para dar visibilidade ao Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres. Tras a andaina, todo o alumnado do centro e profesorado, cantaron a canción "Anagnórise" de A banda da loba.

Premer na imaxe para ver a montaxe de fotos.

Canción "Anagnórise" de A Banda da loba cantada polo alumnado e profesorado do Lamas.

 

 

 

Distribuir contido