blogue deDirección

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024.

 Prazo de Admisión:

 Será do 1 ao 20 de marzo, ambos os dous inclusive.

 Horario de atención: L-V 9:00 - 14:00 H

                                  Martes: 16:30-18:30 H

 Presentación de solicitudes:

  A solicitude do posto escolar será única e se presentará no centro no que o solicitante pretende ser admitido.

 

  • Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:

 

    • A través da aplicación Admisionalumno (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
    • Seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”.
    • Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións.
    • Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.

 

  • Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:

 

  • Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado
  • IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).
    Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude. 

 

  • Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

   Documentación a presentar coa solicitude:

 

  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
  • Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a.
  • Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo ou etapa. (Certificado de matricula)
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

 NOTA: Cando a DEMANDA de prazas escolares sexa superior á oferta.

Logo de determinar que o número de solicitudes é superior ao de prazas ofertadas, o centro abrirá un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo de presentación de solicitudes de admisión, para presentar, de forma presencial no centro, a documentación xustificativa dos criterios de baremo sinalados na solicitude de admisión.

 A presentación desta documentación ten carácter voluntario. A falta de presentación desta documentación impedirá valorar o criterio/s para efectos de determinar a puntuación correspondente.

 A falta de presentación en prazo da documentación requirida impedirá ter por acreditado o criterio/s afectados, e en consecuencia, impedirá valoralos para efectos de determinar a puntuación.

Normativa relacionada.

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550B)

 

CARREIRA SOLIDARIA 25 N

Queremos darvos a benvida a este 2023 coa montaxe de fotos da Carreira solidaria contra a Violencia de Xénero que celebramos o pasado 25 de novembro. Tamén o alumnado xunto ao profesorado cantou "A porta violeta" de Rozalén e Tanxugueiras.

- Clicar na imaxe para ver o vídeo.

 

Festiña para os Clubs de Lectura e o Club de radio.

Para conmemorar o moito e ben que traballaron os alumn@s este ano nos Clubs de Lectura e no Club de radio fixémoslles unha festiña durante o recreo con bocadiños moi sabrosos. Por aqui vos deixo unha fotiño.

Festiña para os Clubs de Lectura e o Club de radio.

Para conmemorar o moito e ben que traballaron os alumn@s este ano nos Clubs de Lectura e no Club de radio fixémoslles unha festiña durante o recreo con bocadiños moi sabrosos. Por aqui vos deixo unhas fotiños.

RECOMENDACIÓNS LECTURAS VERÁN

OBRADOIRO DE "CAIXAS DE SALVAMENTO" CON MANUEL MORANTA.

Dentro do programa de Biblioteca Creativa, o pasado venres 24 de maio, o alumnado de 3º de primaria participou nun obradoiro denominado “Caixas de Salvamento. Obradoiro de Poesía visual e voz propia”. Da man do artista Manuel Moranta os nenos/as sacaron a súa vena máis creativa para realizar unha “caixa de salvamento” partindo dos seus medos e inquedanzas. No interior desa caixa gardaron recursos para unha unha cura metafórica.

No seguinte enlace podedes coñecer máis sobre o autor.

https://manuelmoranta.com

 

 

 

LETRAS GALEGAS-MAIOS 24

A proposta é facer un pequeno maio por aula o día 14 de maio. Para poder levar a cabo a actividade podedes traer ese mesmo día:

-      Fiúncho.

-      Flores.

-      Guirnaldas de cáscara de ovo.

-      Guirnaldas de pel de laranxa.

 

 

Outra actividade para facer en familia consiste en crear e decorar unha poesía, xa que foi o xénero que máis traballou Luísa Villalta. Terá formato A5 (medio folio). Haberá de prazo para entregala o 16 de maio.

DÍA DO LIBRO.

O martes 23 conmemoramos o Día do Libro con dúas actividades. Por unha banda saímos ao patio para facer a Hora de Ler e ao por outro lado, ao longo da mañá fíxose na biblioteca a “Mudanza de Libros”. As dúas actividades resultaron moi interesantes poñendo en valor a importancia da lectura e dos libros.

 

 

Noticias falsas

Os nenos de cuarto C realizaron un podcast de noticias falsas e de publicidade. Foi moi divertido! Menos mal que ao final avisaron que eran noticias falsas. Non paraba de sonar o teléfono do cole de xente alarmada querendo saber qué estaba acontecendo.

Aquí vos deixamos o podcast.

 

Marcapáxinas para os membros do Club de Lectura

Para todos @s membr@s participantes do Club de Lectura elaboráronse uns marcapáxinas co nome personalizado. Por diante coa mellor voz de veludo, Miss Tulula e por detrás con Henri e Olivia. Quedaron moi chulos!!

Distribuir contido