Poñemos á vosa disposición para descargar o programa de actividades conmemorativas do centenario (.pdf; 8KB) que terán lugar neste ano 2015.
Os actos comprenden un ciclo de conferencias que se iniciará o próximo 12 de febreiro coa charla da arquitecta Ana Domínguez Laíño, e que nas súas cinco citas tratará temas como a arquitectura, a pedagoxía, o contexto histórico do centro ou a relación entre a escola e o teatro.
Imaxe da cidade no momento de construción da escola, pertencente ao arquivo Alberto Martí.
Ademais, xa está convocado o concurso de creación gráfica 'Visións sobre Labaca', que en colaboración coa Escola Técnica Superior de Arquitectura busca incentivar unha achega artística á nosa escola.
Por último, está prevista a realización de diversos proxectos educativos por parte da comunidade escolar que afondarán no contexto histórico do xurdimento da escola e na súa realidade educativa. Así, coa colaboración do Museo Pedagóxico de Galicia está prevista a recreación dunha aula da época nunha das aulas orixinais que se conserva no edificio histórico, e que se poderá visitar nos meses de abril e maio.
Con todo, seguimos traballando para celebrar como se merece unha data tan sinalada e esperamos poder sumar en breve máis actividades a este primeiro programa.