CURSO 2023-2024

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 24-25

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN:DO 21 DE MAIO ATA O 21 DE XUÑO DE 2024.

 

DESTINATARIOS:

  • Fondo solidario de libros de texto: alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria.
  • Axudas para adquirir libros de texto: alumnado de 1º e 2º e alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.
  • Axudas para adquirir material escolar: todo o alumnado de Educación Primaria, tamén o de cursos EDIXGAL.

 

PRESENTACIÓN: 

  • Preferiblemente por Sede electrónica (con Certificado dixital ou Chave 365) clicando no seguinte enlace:

                                                             

  https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

 

  • No centro educativo (no horario de secretaría de 11:25-12:20). No enlace anterior, poderase descargar o ANEXO I e II para realizar a solicitude de xeito presencial)

 

 

  • Realizarase unha solicitude por cada fillo/a.

 

DOCUMENTACIÓN:

  • Copia do libro de familia,  ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

 

  • Sentenza de separación/divorcio de ser o caso.

 

  • Volante de convivencia 

 

  • Se fose o caso, certificado acreditativo do grao de discapacidade recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia. 

 

  • No caso de violencia de xénero, acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo.

 

  • Toda aquela familia que non autorice a consulta por parte da administración deberá achegar os documentos xustificativos (DNI, renda...)

 

TERASE EN CONTA A SITUACIÓN PERSOAL, FAMILIAR E ECONÓMICA A 31 DE DECEMBRO DO 2022

 

ACCESO Á APLICACIÓN DE FONDO LIBROS DA XUNTA

 

DIA DAS LETRAS GALEGAS, 2024. HOMENAXEAMOS A LUÍSA VILLALTA!

 

Nesta presentación toda a comunidade educativa poderá visualizar todo o traballo realizado polo alumnado e profesorado do centro para conmemorar este 17 de maio, Día das Letras Galegas adicado á autora María Luísa Villalta.

 
 

23 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Para celebrar o Día de Rosalía de Castro o noso alumnado visitou a Biblioteca Municipal para levar a cabo unha actividade relacionada coa autora. Mostra do que fixeron é este vídeo que as persoas encargadas da actividade tiveron a consideración de facernos.

Moitas grazas pola dedicación e esperamos que vos guste o resultado.

Pinchade na imaxe para acceder ao vídeo na galería de imaxes.

Distribuir contido