Blogues

En negro contra as violencias

Hoxe 23 de novembro Ortigueira, coma tantos outros concellos, vestiuse de negro para rexeitar a violencia de xénero. Ás 12:00h houbo unha concentración diante do concello. Aínda que tiñamos pensado asistir non puidemos polo mal tempo, pero desde as aulas traballamos para erradicar este problema.

 


 

Desde o CEIP José María Lage queremos berrar ben forte:

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!

Magosto e Día do Peón

Estas últimas semanas o alumnado do cole estivo traballando para a ambientar o centro con motivos relacionados co magosto. Aquí tedes unha selección dos traballos.

 

E, por fin, o venres celebramos no colexio o magosto. A primeira hora da mañá chegou o castañeiro para prepararnos as castañas. Todos os alumnos e alumnas, xunto cos mestres fumos pasando polo patio dos maiores para a súa degustación.

Tamén tivemos xogos tradicionais empregando a castaña como "estrela" do xogos.

 

 

 

Desde hai varios anos, xunto co magosto celebramos tamén o Día do Peón. O alumnado do cole leva practicando xa varios días, sacando os seus peóns ao patio e, coa axuda dos mestres de educación física, mellorando un pouco a súa técnica. 

 

 

O alumnado de sexto de primaria foi ata o patio de primeiro e segundo a facer unha demostración de bailar os peóns. Todos permaneceron moi atentos aos movementos para aprender a lección.

 

 

Na entrada principal do colexio realizouse unha pequena exposición de peóns que trouxo o alumnado da casa. 

 

 

E como sempre, se queredes ver máis fotos, clicade aquí.

 

 

Xornada de ornitoloxía

O pasado 21 de outubro, e grazas á Asociación Nordés, as aulas de 5º e 6º de primaria realizaron unha saída para a observación de aves.  A saída realizouse xunto co alumnado dos centros de Mañón e Vicedo.

 

 

 

A primeira observación que fixeron foi na ría de Ortigueira. Logo marcharon ata Morouzos, onde asistiron a unha explicación sobre o anelamento das aves.

 

 

Se queredes ver máis fotos, clicade aquí.

 

SAMAÍN NO COLEXIO

Aquí tedes un pequeno resumo do que é o Samín no noso cole. Esperamos que vos guste.

Como sempre queremos dar as grazas ás familias por colaborar co centro nesta celebración.

 

 

Chegou a hora do patio dos maiores

Como xa anticipamos hai algunhas semanas, continuamos a pintar xogos nos patios. Hoxe tocoulle ao patio dos maiores.

Un grupo de pais, nais e nen@s achegáronse ao colexio para continuar con esta bonita iniciativa, xurdida dende as propias familias do centro.

 

A tarde non chegou, pero buscaremos outro día para finalizar o traballo. Cando teñamos todo rematado, subiremos máis fotos.

Como sempre, dende o colexio queremos agradecer a todas as persoas que se achegaron ata aquí para participar neste proxecto.

Chega o Samaín

Ao noso cole está chegando o samaín. As aulas e os corredores xa empezan a estar decorados co traballo dos nenos e nenas.

No corredor principal estamos a montar a Exposición de cabazas, actividade organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Queremos dar as grazas ás familias, por colaborar con nós nesta actividade. 

Aquí podedes ver un adianto da exposición.

 


Toda a comunidade escolar está convidada a visitar a exposición, que permanecerá aberta ata o mércores 31 de outubro.

Nos próximos días actualizaremos con fotos de todas as cabazas presentadas.

 

MALETA INCLUSIVA

Estas últimas semanas de curso estamos a realizar unha nova actividade proposta polo Departamento de Orientación do colexio xunto co Equipo de Biblioteca. Solicitamos ao CFR de Ferrol a "maleta inclusiva", e o noso centro é o primeiro da zona en poder disfrutar e aprender dela.

A maleta inclusiva trata dun lote de libros pensados para o alumnado de infantil e primaria e centrados con temática de atención á diversidade e a inclusión.

 Nestas pasadas semanas o alumnado das aulas de Pedagoxía Terapéutica e de Audición e Linguaxe estiveron facendo un mural no corredor próximo ás súas aulas e montando a exposición. No mural aparecen todos os libros que trae a maleta, a súa temática e a idade recomendada.

A partir de agora, os mestres do centro poderán visitar a exposición e escoller os libros que consideren oportunos para traballar nas aulas.

A exposición permanecerá aberta ata final de curso. 

PRESENTACIÓN DO PROXECTO DE ROBÓTICA ÁS FAMILIAS

O pasado venres 25 de maio, as familias do alumnado de 5º e 6º foron convocadas co fin de presentar o proxecto de innovación educativa "Introducción da robótica educativa en primaria".

A directora do centro, Rocío Fernández, deu unha pequena charla sobre este proxecto e a forma que o desenrolamos.

Logo, o alumnado de 5º fixo unha pequena demostración do aprendido cos robots mBots.

 O alumnado de 6º realizou unha sesión de robótica cos robots k-kuribots,ao seus compañeiro de 6º de educación infantil.

 

Para ver máis fotos pincha aquí.

 

ROBÓTICA NAS AULAS

O colexio está a participar no Proxecto "Introducción á roboótica educativa en Primaria" co fin de introducir ao noso alumnado na robótica e na programación.

 Participamos un número moi significativo de mestres neste proxecto. Nun principio, o proxecto era para as aulas de 5º e 6º de primaria. Ao final, en todas as aulas de Infantil, e en varias de primaria realizaronse sesións de robótica.

O primeiro paso foi a formación do profesorado, a través dun PFPP (Plan de Formación Permanente do Profesorado) no noso centro, co asesoramento e seguimento do CFR de Ferrol.

O primeiro contacto que tivo o alumnado de 5º e 6º de Primaria foi a través duns "Obradoiros de robótica" que nos ofertou a profesora Patricia xunto cun grupo de alumnas do IES de Ortigueira.

 

Pincha aquí para ver máis fotos dos obradoiros.

 

Pincha aquí para ver máis fotos das sesións nas aulas.

Presentación do curso "Family Engagement in Action"

A titora de 6ºA e o titor de 1ºB mostraron ao profesorado unha presentación do curso "Family Engagement in action", impartido en Cardiff. 

Presentación do curso Family Engagement.

Nel mostraron a participación das familias nas diferentes actividades da comunidade educativa e tamén os diferentes medios e métodos de traballo que se desenvolven en Gales. 

Tamén acudiu á presentación o alumando de ámbalas dúas titorías, sentíndose así partícipes da actividade que realizaron os seus mestres.

Distribuir contido