Blogues

OBRADOIRO DE ROBÓTICA E PROGRAMACIÓN

Este curso iniciamos unha nova materia de libre configuración en 6º de primaria: "Obradoiro de robótica e programación".

Ao longo de todo o curso, os alumnos e alumnas de 6º asistiron á aula de robótica unha sesión á semana. Empregamos distintos tipos de robots, experimentamos e comparamos entre eles.

O primeiro contacto foi a través da web code.org. Así iniciamos ao alumnado na programación. Traballamos tamén cos seguintes robots:

  • Mbots e as app MakeBlock e mBlock
  • Robots kukuribots
  • Lego WeDo 2.0
  • Máquinas simples de Lego

 

 

Sesións de traballo con máquinas simples de Lego

 

 

Prácticas con mBot

 

Sesións con Lego WeDo 2.0

Para ver máis imaxes sobre o Obradoiro de robótica e programación, pincha no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipjosemarialage/galeria/thumbnails.php?album=229

 

 

PDI "40 ANOS DE FESTIVAL CELTA DE ORTIGUEIRA"- IV

Hoxe toca as portas das aulas de inglés. Unha das portas está baseado nun cartel do festival e, a outra, nunha das nacións celtas. 

 

Aula de Inglés (Infantil, 5º e 6º de primaria)

 

 

Aula de Inglés (1º a 4º de primaria)

 

PDI "40 ANOS DE FESTIVAL CELTA"-III

Hoxe tocou o turno ás aulas de AL (Audición e Linguaxe) e PT (Pedagoxía Terapéutica). O alumnado que asiste a estas aulas tamén traballou moito, e ben, para facer estes carteis. Este traballo foi en colaboración entre as dúas aulas. 

E chegou o momento de amosar as portas. A primeira é a porta de PT. O cartel fíxose con cera branda e as letras recortadas.

 

 

E a segunda é a aula de AL, realizada con témpera.

 

E, agora, os carteis oficiais do Festival Celta, neste caso dos anos 1995 e 2005 respectivamente.

    

 

E aínda quedan máis portas decoradas por presentar. E non só carteis, senón outros traballiños. Continuaremos informando.

PDI: "40 ANOS DE FESTIVAL CELTA"- II

Se onte amosamos as aulas de primeiro de primaria, hoxe toca presentar o traballo feito polo alumnado de segundo. Porque eles tamén se decidiron a traballar sobre o Festival do Mundo Celta. 

Con que adornaron as portas? Pois inspirándose nos carteis dos festivias. E así de bonitas locen as entradas ás aulas.

 

Porta de 2ºA

 

Porta de 2ºB

 

Como vedes, cada un escolleu un cartel diferente. As técnicas empregadas tamén son moi variadas: ceras; collage; témperas;... Xa iredes comprobando que cada porta é diferente.

E, para comprobar o traballo ben feito, aquí van os carteis oficiais.

 

            

 

Seguiremos subindo máis traballos feitos sobre o PDI da biblioteca. 

PDI "40 ANOS DE FESTIVAL CELTA DE ORTIGUEIRA"

Xa estamos no mes de xuño e, como ven sendo habitual no centro, comezamos a exposición dos traballos realizados no cole en torno ao tema elexido pola Biblioteca Escolar para o proxecto documental integrado. Este ano tocounos un tema "moi noso", o Festival de Ortigueira.

Pouco a pouco iremos amosando por aquí os traballos realizados. Hoxe comenzamos cuns traballos realizados por moitas aulas: a decoración das portas.

Porta da aula de 1ºA


Porta da aula de 1ºB

 Sonaos as imaxes? Claro, son reproducións dos carteis oficiais do Festival. Mirade ven e comparade, temos uns marabillosos artistas.

 

                 

 

 

Con estas portas decoradas iniciamos a presentación do noso proxecto. Pronto subiremos máis portas-carteis. Xa veredes como temos o colexio cheo de obras de arte.

Seguiremos informando!

 

 

VISITA AO INSTITUTO

O martes os alumnos de sexto, xunto coas súas titoras e o orientador do colexio realizaron unha visita ao IES de Ortigueira. Alí xuntáronse cos alumnos e alumnas do CEIP Francisco López Estada, futuros compañeiros de pupitre.

Todos xuntos foron recibidos polo orientador do instituto, asistiron a unhas charlas e fixeron unha visita para coñecer as instalacións. Tamén compatiron un ratiño de recreo, xunto co alumnado actual do instituto.

Por último, tiveron a sorte de asistir a unha charla-exposición sobre os traballos realizados polo alumnado de robótica.

 

Moitas grazas a todo o instituto pola invitación!

VISITA DE CRISTIAN F. CARUNCHO

 

Hoxe visitounos un exalumno do colexio, Cristian F. Caruncho, xoven debuxante, creador do cartel do Festival do Mundo Celta deste ano.

Compartiu dúas sesións de traballo cos nenos de Quinto e Sexto, nas que lles amosou o proceso creativo do cartel, explicándolles os distintos elementos, e lles fixo unha pequena demostración do seu deseño.

 

Os nenos tamén sorprenderon a Cristian cos seus propios debuxos. Unha actividade moi interesante!

Grazas Cristian!

Para ver máis fotos desta actividades, pincha aquí.

EXPOSICIÓN DO PROXECTO ERASMUS+

Por fin temos na entrada do cole un recuncho adicado ao proxecto ERASMUS+ no que participamos este ano.

 

 

Como sabedes, no mes de febreiro, dúas mestras realizaron unha mobilidade ata Grecia para fomentar a aprendizaxe en metodoloxías STEM.

Nesta exposición recollemos un pouco do que viron e fixeron alí, e por outra banda, do que se fixo no cole a partires desa expeirencia.

Aquí tedes unha mostra do realizado por diferentes aulas:

 

 

Traballo feito polos alumnos de quinto de primaria sobre a cultura grega, a partires do estudo do pobo de Delfos.

 

        Outros traballos realizados no cole.

ERASMUS+

A semana pasada as mestras Ana e Sonia desplazáronse a Grecia para participar nun proxecto de Erasmus+ relacionado coa robótica.

Ao longo dunha semana, e xunto con profesorado doutros centros de Ferrolterra e os asesores do CFR de Ferrol, realizaron distintas actividades.

 

Por unha banda realizaron a visita a varios centros educativos e así observaron como eran por dentro, entraron nalgunhas aulas e entablaron pequenas conversas con alumnos e mestres. Asistiron tamén a algunha pequena demostración de como traballaban coa robótica nas aulas.

Outra parte importante da mobilidade consistiu en asistir ao curso de formación "Robots in the classroom: educational robotics and STEAM". Compartiron as clases con mestres galegos e mestres de Gales, que tamén participaron neste ERASMUS.

 

Pero tamén fixeron algunha visita cultural. Ao final, traen un montón de ideas que intentarán por en práctica no noso centro.

 

Pero non remata aquí o a nosa participación non proxecto ERASMUS+, pronto outras mestras poderán realizar outra mobilidade e aprender moitas cousas máis. 

 

CELEBRACIÓN DO NADAL

Este pasado mes de decembro celebrouse no cole o nadal con un montón de actividades. Para ambientar o centro, toda a comunidade educativa púxose mans á obra e pouco a pouco fumos decorando todo o centro.

 

 

Clicando neste enlace poderedes ver moitas imaxes das decoracións do centro e da festa que realizamos o último día de cole. 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipjosemarialage/galeria/thumbnails.php?album=205

 

Pero no nadal fixemos outras moitas actividades, aquí deixamos recollidas algunha delas:

 

Como xa ven sendo tradicional, o alumnado de 4º e 6º de primaria, xunto coa mestra de música e as titoras correpondentes visitaron o centro de maiores para cantar unhas panxoliñas.

 

 

 

Se queredes ver a reportaxe fotográfica desta visita, podedes clicar aquí.

 

Relacionado coa música tamén tivemos a visita do coro do instituto. Desde aquí queremos dar as grazas por este concerto marabilloso.

 

 

Enlace á galería: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipjosemarialage/galeria/thumbnails.php?album=204

E tamén tivemos un festival de final de trimestre, a visita de infantil a correos para enviar postais aos compañeiros, a visita dos paxes dos reis magos,...

 

Distribuir contido