Magosto e Día do Peón
Estas últimas semanas o alumnado do cole estivo traballando para a ambientar o centro con motivos relacionados co magosto. Aquí tedes unha selección dos traballos.
E, por fin, o venres celebramos no colexio o magosto. A primeira hora da mañá chegou o castañeiro para prepararnos as castañas. Todos os alumnos e alumnas, xunto cos mestres fumos pasando polo patio dos maiores para a súa degustación.
Tamén tivemos xogos tradicionais empregando a castaña como "estrela" do xogos.
Desde hai varios anos, xunto co magosto celebramos tamén o Día do Peón. O alumnado do cole leva practicando xa varios días, sacando os seus peóns ao patio e, coa axuda dos mestres de educación física, mellorando un pouco a súa técnica.
O alumnado de sexto de primaria foi ata o patio de primeiro e segundo a facer unha demostración de bailar os peóns. Todos permaneceron moi atentos aos movementos para aprender a lección.
Na entrada principal do colexio realizouse unha pequena exposición de peóns que trouxo o alumnado da casa.
E como sempre, se queredes ver máis fotos, clicade aquí.