PLAN MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES CURSO 2018-2019 "MULLERES PIONEIRAS" |
|||||
Biblioteca curso 18 - 19
PLAMBE CURSO 18 - 19 - "Mulleres Pioneiras"
DÍA DO LIBRO 2019
Musicreques
PARA OS NEN@S DE EDUCACIÓN INFANTIL : O dia 15 de marzo viñeron ao cole o grupo MUSICREQUES ,formado por dúas profes do conservatorio, que nos presentaron un contacontos musical dentro do programa de dinamización da música e da lectura do conservatorio San Viaño de Ferrol. As nenas e os nenos estiveron moi participativos nos contos ,imitando animais ,cantando,resolvendo adiviñas....e aplaudindo PASÁMOLO MOI BEN ¡¡¡ |
|
|||||
As nosas pioneiras
DÍA DA MULLER
Foron moitas as mulleres convertidas en pioneiras por uns motivos ou por outros |
|
|||||
|
||||||
PREMA NA IMAXE |
|
|||||
BUSCA ENTRE AS TÚAS MULLERES, NA TÚA FAMILIA, AS PIONEIRAS. SEGURO QUE ESTÁN AHÍ, ESPERANDO A QUE AS DESCUBRAS. | ||||||
Visita de Rosa Aneiros
O día 11 de febreiro veu ao cole Rosa Aneiros para compartir co alumnado de 4º a lectura da súa obra "A batalla da pequena Chañán Curi Coca". Iniciou a súa charla amosándolles imaxes dos Andes e dos templos incas, onde foi de viaxe. Ese lugar foi a fonte de inspiración da súa obra. A partires de aí comezou unha charla moi amena cos rapaces e rapazas. Quería saber se a comprenderan, se eles tamén escribían ou que cousas lles gustaban. A rapazada tamén lle preguntou moito e asi souberon moitas cousas curiosas da escritora... - Que escribía dende moi pequena pola necesidade de contar historias sobre o que vivía, quizais influenciada polo seu avó que lle contaba moitas historias do seu tempo pasado en Cuba. - Que cando se escribe hai que investigar sobre os datos que queres poñer e asegurarte que é o correcto. - Que as súas obras sempre parten dun feito real ou unha problemática social á que lle quere dar voz. - Que non lle gusta facer segundas partes. - Que aprendeu que o importante non é só a historia que ela crea, senón cada unha das historias que xorden de cada un dos lectores. Por último, rematou recomendándolles un dos seus libros favoritos, "O Principiño". |
||||
TEATRO EN NARÓN
O DÍA 25 @S NEN@S DE INFANTIL, FOMOS AO TEATRO AO AUDITORIO DE NARÓN ; A OBRA QUE VIMOS FOI: " A GALIÑA AZUL " (OBRA DE CARLOS CASARES) |
||||
PREMER NA IMAXE PARA ACCEDER Á GALERÍA |
||||
QUE BEN O PASAMOS!!!!!! | ||||