Curso 18 - 19

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS CURSO 2018 - 2019

           
 

CURSO 2018 - 2019

 
 
     

PROXECTO DE FOMENTO DO USO DA LINGUA GALEGA 18 -19

 

 
     
 

PROXECTO DE FOMENTO DO USO DA LINGUA GALEGA  18-19

 
     
 
   IMAXES
 
     
     

PLAMBE CURSO 18 - 19 - "Mulleres Pioneiras"

           
 

PLAN MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES CURSO 2018-2019

"MULLERES PIONEIRAS"

 
ACCESO Á GALERÍA DE IMAXES COAS ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA
MEMORIA DO PLAMBE 18 -19
 
     

RADIO CHALANA CURSO 2018-19

                 
       

.    
                 
       

 E outro curso máis a nosa Radio Chalana comeza a súa singladura!!!

Como o curso anterior, o alumnado está cheo de ilusión, con moitas gañas de contar todo o que acontece no noso colexio e fóra del!!!

Estade moi atentos e atentas á nosas emisións!!!

 

     
       

 

     
                 
                 

PIONEIRAS .O TRECE É UN BO NÚMERO 2

         
       
         
                                            UN CONCURSO - SORPRESA CON TRECE CUESTIÓNS QUE HAI QUE RESOLVER                           
   
                                                                                 POÑÉMONOS  A INVESTIGAR.....    
       
    PREMER NA IMAXE PARA MÁIS INFORMACIÓN    
         

BRINQUEDIA 2019

     
   
   
 

 

O sábado, 11 de maio, na Finca de A Cortiña en San Sadurniño tivo lugar o

XII ENCONTRO ESCOLAR, organizado por BRINQUEDIA.

 

Máis información premendo na imaxe.

 
     
     

 

IMOS AO CORRELINGUA 2019

         
   

   
         
   

 

O xoves, 9 de maio, os rapaces e rapazas de 6º de Infantil e toda primaria participamos nunha actividade tan divertida como necesaria: O CORRELINGUA.

Trátase dunha carreira e dun acto para reivindicar o uso do noso idioma. 

Este ano celebrouse no Pazo da Cultura de Narón. Alí xuntámonos con nenos e nenas doutros colexios de Ferrol e Narón.

Máis información e fotografías premendo na imaxe.

   
         

PINTO & CHINTO

         
       
   

OS NENOS E NENAS DE 5º POIDERON GOZAR DA VISITA DE PINTO & CHINTO O DÍA 13 DE MAIO, E CON MOITA  ILUSIÓN  PREPARARON A BIBLIOTECA PARA RECIBILOS CUN GRAN MURAL  QUE RECOLLÍA ALGÚNS DOS SEUS TRABALLOS .

   
    MOITAS  GRAZAS  POR  VIR     
     PREMER NA IMAXE    
       
         

VISITA DE ÁNXELA LOUREIRO 2

         
               
   
  Esa mañá pasou moi rápido, porque de súpeto Ánxela sumerxeunos nunhas historias marabillosas que non esqueceremos .  
  Premer na imaxe para acceder a toda a información  
   
         

Antón Fraguas

 
 

Protagonista do "Día das Letras Galegas" de 2019

 
   
     
   
Premendo na imaxe accédese a información sobre o autor e á nosa celebración das LETRAS GALEGAS 2019

UNHA VISITA MOI ESPECIAL 2

     
      
 

 Dous axentes de tráfico visitaron o noso cole e poidemos disfrutar dunha mañá moi divertida pero tamén aprendimos moito de como

actuar e comportarnos na rúa.

 
   Tódolo acontecido ese día podedes velo premendo na imaxe  
   
     

DÍA DO LIBRO

       
   
 

  O DÍA DO LIBRO FIXEMOS UN ACTO PARA A COLOCACIÓN DA BIOGRAFÍA DA MULLER PIONEIRA ESCOLLIDA.

  ENTRE TODOS E TODAS FIXEMOS UNHA PEQUENA LECTURA E POSTA EN COMÚN PARA DESTACAR A RELEVANCIA DOS SEUS ACTOS E A SÚA  REPERCUSIÓN NA SOCIEDADE.

  ISTO VAINOS SERVIR PARA UN XOGO-SORPRESA QUE ESTAMOS A PREPARAR PARA O DÍA DAS LETRAS!!!

     
       
   SE QUEREDES VER TODAS AS FOTOS PREMEDE NA IMAXE  
       

Proxecto 72 Horas 3

     
   
 

 O escritor Juan Manuel Carmona ,coordinador deste proxecto ,veu dar unha charla para concienciar aos nen@s sobre a

responsabilidade que implica ter unha mascota, e as vantaxes de adoptar antes de mercar un animal .

 
 

   Máis información e fotografías premendo na imaxe

 
 

   

 
 

 

 

IAGO LÓPEZ

     
   
  Iago López veu ao cole  a contarnos a historia  "O COCIÑEIRO MARTIÑO E AS CENORIAS DESAPARECIDAS"  
 

premer aqui para acceder a toda a información

 
     

O alumnado de 6º visita o submarino MISTRAL

     
   
     
 

O alumnado de 6º de Primaria visitou o submarino Mistral

Esta actividade está enmarcada dentro do programa

PITEAS

na que participamos co proxecto

OS SUBMARINOS

Máis información e fotografías premendo na imaxe.

 

Escola de familia

 
 

 

 

 

 

 
 

 

Mais información prema na imaxe Pódese reservar Play Room gratuito a través do correo electrónico da AMPA: anpaisaacperal@gmail.com

CELEBRAMOS O ENTROIDO 2019

       
      
       
     
  Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Premendo na imaxe accédese a toda a información da celebración do ENTROIDO:

Os mandados do entroido, desfile, baile, queima do meco...

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 
     

ENQUISA SOBRE CONVIVENCIA ESCOLAR

         
    ENQUISA SOBRE CONVIVENCIA ESCOLAR    
         
   

  De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal.

No marco desta Estratexia, o Eixe 1 está dedicado á diagnose e seguimento da convivencia escolar, realizouse en 2015 unha diagnose inicial que permitiu identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos, para a elaboración do plan de convivencia.

Transcorrido un período significativo, e ao obxecto de facer un seguimento do clima escolar da nosa comunidade e guiar as accións de mellora que cumpran, faise necesario repetir o proceso referido. A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo. As familias que desexen participar teñen que cubrir unha enquisa CUN CÓDIGO QUE SE ENVIOU NUNHA CIRCULAR INFORMATIVA. Este código servirá tan só unha vez; se tivese algún problema con ela ou precisase unha nova pode poñerse en contacto coa dirección do centro.

Esta enquisa tamén vai destinada ao persoal do centro e ao alumnado de 5º e 6º de primaria.

Para acceder á enquisa:

Para as FAMILIAS: https://edu.xunta.es/convfamil

Para o PROFESORADO: https://edu.xunta.es/convdoce

Para o PERSOAL NON DOCENTE: https://edu.xunta.es/convpas

Para o ALUMNADO: https://edu.xunta.es/convobrig

   

Visita de Rosa Aneiros

         
   
 

O día 11 de febreiro veu ao cole Rosa Aneiros para compartir co alumnado de 4º a lectura da súa obra "A batalla da pequena Chañán Curi Coca". 

Iniciou a súa charla amosándolles imaxes dos Andes e dos templos incas, onde foi de viaxe. Ese lugar foi a fonte de inspiración da súa obra. 

A partires de aí comezou unha charla moi amena cos rapaces e rapazas.  Quería saber se a comprenderan, se eles tamén escribían ou que cousas lles gustaban. A rapazada tamén lle preguntou moito e asi souberon moitas cousas curiosas da escritora...                   

- Que escribía dende moi pequena pola necesidade de contar historias sobre o que vivía, quizais influenciada polo seu avó que lle contaba moitas historias do seu tempo pasado en Cuba.       

- Que cando se escribe hai que investigar sobre os datos que queres poñer e asegurarte que é o correcto.

- Que as súas obras sempre parten dun feito real ou unha problemática social á que lle quere dar voz.

- Que non lle gusta facer segundas partes.

- Que aprendeu que o importante non é só a historia que ela crea, senón cada unha das historias que xorden de cada un dos lectores.

   Por último, rematou recomendándolles un dos seus libros favoritos, "O Principiño". 

 
   

 PREMER AQUÍ PARA ACCEDER Á GALERÍA DE FOTOS

   
         

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ 2019

         
         
   
 
 
         
         
   

Cada 30 de xaneiro lembramos un pouquiño mais se cabe que a paz é traballo de tod@s

Este curso adicamos o noso esforzo a reflexionar sobre o noso día a día e como podemos conseguir PAZ na nosa convivencia.

Máis información premendo na imaxe

   
         

Comenzamos a coñecernos

OO DÍA DO ENCONTRO ENTRE AMIG@S ESPECIAIS

Estamos impacientes por saber quen é ese amigo ou amiga especial.

Viñeron as familias. Pasamolo moi ben.

 

 

BAILE ENTRE AMIGOS

Bailar axuda a divertirnos e coñecernos.Fixemos un baile moi chulo!

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo
   

XUBILACIÓN DE DALIA E PILAR

       
  XUBILACIÓN DE DALIA E PILAR  
 

Este curso despedimos a outras dúas compañeiras que se xubilan.

Novamente, as emocións son contradictorias: moita ledicia por elas, pero moita mágoa polo que as imos botar de menos...

A comunidade educativa quere agradecerlles tantos anos de traballo adicados ao ensino.

Desexámoslles que disfruten moito e merecidamente desta nova etapa que comezan.

 

PARABÉNS E MOITAS GRAZAS POR TODO!!!

 
   

RECURSOS PARA O DÍA DA PAZ

             
 

                                

 
 

GANDHI A PAZ NO MUNDO

 

 

 

 

 

 

Premendo na imaxe accédese á unha páxina informativa con recursos e actividades sobre a PAZ.

 

Celebramos o Nadal

  
    
  Con esta felicitación comezamos o noso Nadal
 

                

Premendo na ESTRELA accédese a toda a celebración do noso Nadal: panxoliñas, fotografías dos grupos, visita dos Reis Magos ...

                

 

 

 

IMOS AO TEATRO A NARÓN

         
       
         
 

 O pasado 29 de novembro os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º fomos ao Auditorio de Narón a ver a obra Proxecto Noee da compañía de teatro Sarabela.

Máis información e fotografías, premendo na imaxe

 

   

Excursión Cabanas

         
   
  OS NENOS E NENAS DE 4 E 5 ANOS FOMOS DE EXCURSIÓN AO PINAR DE CABANAS PARA A OBSERVACIÓN DO OUTONO. DIMOS UN PASEO POLO PINAR E RECOLLIMOS MOITAS FOLLAS ,PIÑAS,.....E TAMÉN VIMOS SETAS E ÁRBORES DE FOLLA CADUCA E FOLLA PERENNE. DESPOIS MERENDAMOS CHOCOLATE CON CHURROS!
 
         
     PREMER  AQUÍ  PARA ACCEDER Á GALERÍA .    

ESCOLA DE PAIS E NAIS

     
  INICIAMOS A NOSA ESCOLA DE PAIS E NAIS
 
 

 O mércores, día 12 de decembro de 4 a 6 h da tarde, terá lugar no noso centro a conferencia "CONVIVIR CO TDAH". Abrimos así un ciclo de conferenciase que formarán parte da Escola de Pais e Nais organizada polo Departamento de Orientación do centro e pola ANPA.

Animamos ás familias a que acudan, xa que pensamos que será de gran interese para a toda a comunidade educativa.

 

 

O APALPADOR EN GALICIA

     
 

 O  APALPADOR, FIGURA DO NADAL EN GALICIA

 
     
   O NADAL EN GALICIA: En Galicia hai unha tradición das montañas luguesas que nos fala dun entrañable personaxe chamado O APALPADOR, un home que visitaba aos nenos as noites do 24 ou o 31 de decembro para asegurarse de que estaban ben alimentados e para deixarlles un agasallo moi especial.

Se queredes máis información, contos, xogos e actividades multimedia sobre O APALPADOR premer na imaxe.

 
     
     

PROXECTOS ERASMUS+

       
   
 

O noso centro participa en dous proxectos Erasmus+ organizados polo CFR de Ferrol

Estes proxectos son:

Imagenes gif animadas flechas - Imagui: relacionado coa  identidade cultural.

: enfocado á inclusión e á convivencia.

 Para ampliar a noticia premer nas imaxes

 
   

O NOSO OBRADOIRO DE TAPÓNS

             
     
 
   
             
   

 

 

 O pasado 19 de novembro, os nenos e nenas de 3º e 4º recibimos a visita da asociación "Tapóns para Püssa". Viñeron dúas monitoras que nos concienciaron da importancia da reciclaxe solidaria de tapóns, e da súa reutilización en tarefas creativas de expresión plástica.

Máis información e fotografías premendo na imaxe

     
             
             

Powered by Drupal - Design by artinet