Visita de Rosa Aneiros

         
   
 

O día 11 de febreiro veu ao cole Rosa Aneiros para compartir co alumnado de 4º a lectura da súa obra "A batalla da pequena Chañán Curi Coca". 

Iniciou a súa charla amosándolles imaxes dos Andes e dos templos incas, onde foi de viaxe. Ese lugar foi a fonte de inspiración da súa obra. 

A partires de aí comezou unha charla moi amena cos rapaces e rapazas.  Quería saber se a comprenderan, se eles tamén escribían ou que cousas lles gustaban. A rapazada tamén lle preguntou moito e asi souberon moitas cousas curiosas da escritora...                   

- Que escribía dende moi pequena pola necesidade de contar historias sobre o que vivía, quizais influenciada polo seu avó que lle contaba moitas historias do seu tempo pasado en Cuba.       

- Que cando se escribe hai que investigar sobre os datos que queres poñer e asegurarte que é o correcto.

- Que as súas obras sempre parten dun feito real ou unha problemática social á que lle quere dar voz.

- Que non lle gusta facer segundas partes.

- Que aprendeu que o importante non é só a historia que ela crea, senón cada unha das historias que xorden de cada un dos lectores.

   Por último, rematou recomendándolles un dos seus libros favoritos, "O Principiño". 

 
   

 PREMER AQUÍ PARA ACCEDER Á GALERÍA DE FOTOS

   
         

Powered by Drupal - Design by artinet