Actividades

ACTIVIDADES DE VERÁN 5º

Boas rapaces e rapazas de 5º!

Aqui vos deixamos uns cantos ficheiros adxuntos con actividades de repaso de diferentes materias:

- Lingua Castelá

- Matemáticas

- Problemas

- Lecturas matemáticas da ed. Santillana

- Fichas de razonamento lóxico da ed. Santillana

Recorade que non é preciso imprimir as actividades. Basta con empregar algunha das libretas que ainda teñan espazo libre e ir copiando coma se estivesemos na clase.

Pasade un bo verán: xogade, desfrutade e descansade para comezar o novo curso coas pilas totalmente recargadas!!!

 

 

ACTUACIÓNS DE NADAL 3º CICLO

Actuacións Nadal 2014

Queridas familias!

Aquí deixamos unha pequena mostra das nosas brillantes actuacións do festival de Nadal deste ano.

Esperamos que o pasarades xenial no festival e que vos gustasen as nosas aportacións e o decorado que preparamos para a ocasión.

Aínda que a calidade dos videos é limitada polo feito de subilos á web, desexamos que os disfrutedes!!

 

DIA DO PEON

 

Celebramos o día do peón

 

O venres 7 de novembro celebramos, un ano maís, o día do peón. Competimos co resto dos nenos e nenas do cole para ver cal era o peón que máis bailaba.

 

 

 

 

 

 

 

 

MAGOSTO

Magosto

Un ano máis celebramos no cole o esperado magosto. Pasámolo xenial degustando as castañas que asounos tan ben o nosos conxerxe David e despois dedicámonos a mancharnos a cara.

Pasámolo moi ben e as castañas estaban riquisimasssssss!!!!

 

 

 

 

MÁIS CIENCIA EN RUTA

Máis foguetes

Para que vexades que os foguetes funcionaban de verdade, aquí vos deixamos uns vídeos como probas.

 

SAMAÍN 2014 NO GÁNDARA-SOFÁN

FÍXOSE ESPERAR UN POUCO, PERO POR FIN VOS MOSTRAMOS UNHAS FOTOS MOI ESPECIAIS DO DÍA DO SAMAÍN NO QUE DESFILAMOS, POSAMOS, XOGAMOS E DESFRUTAMOS COMO NUNCA...

MIRADE, MIRADE QUE GUAPOS ESTABAMOS EN TÓDALAS CLASES!!!

3ANOS

 

4 ANOS

 

5 ANOS

 

PRIMEIRO

 

CIENCIA EN RUTA

Construímos un foguete

O xoves 23 de outubro tivemos no cole un obradoiro moi científico. Aprendimo a construír un foguete con botellas de plástico. Grazas as leis de gravitación universal e a Lei de ación e reación  de Isaac Newton fomos capaces de facer un foguete e de lanzalo.

Convertímonos en auténticos equipos de investigación espacial!!!!!

 

 

 

 

CONCERTO

imos de concerto

O martes 7 de outubro os nenos e nenas de 5º e 6º fomos de concerto ao Pazo da cultura de Carballo. O guitarrista brasileiro Fabiano Borges, especialista na guitarra de sete cordas, explicounos a diferencia que existen entre ésta e a guitarra española. 

 

No autobús xa o pasamos moi ben!

 

A COMER FROITA

A COMER A RICA FROITA


A semana do 19 ao 23 de maio participamos  todo o cole no Plan de Consumo de Froita na Escolas. Cada día degustamos unha froita diferente: mazá, melón, pera, plátano e níspero, todos os nenos e nenas xuntos na hora do recreo.

Cada mañá ían  os  pregoeiros de 6º a  comunicar a todas as clases a froita que tocaba comer ese día. Pero non o poñían nada fácil, sempre o facían a través dunha adiviña.

 

O COMPOSTEIRO

O NOVO COMPOSTEIRO

Os nenos e nenas de 5º estreamos o novo composteiro do cole. A partir de agora todos os refugallos orgánicos que teñamos os depositaremos no composteiro, para así obter un bo abono para a nosa futura horta.

 

E todos colaboramos...

Distribuir contido