Actividades

XAQUE MATE!!

A PRINCIPIOS DE CURSO VIÑERON DARNOS UNHAS CLASES MAXISTRAIS DE COMO XOGAR AO XADREZ, GUSTOUNOS MOITO E... ESTABAMOS MOI, PERO QUE MOI CONCENTRADOS NAS XOGADAS A APRENDER.

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

EXCURSIÓN FIN DE CURSO DE PRIMARIA

O pasado mércore 5 de xuño toda primaria saímos de excursión a Padrón. Alí fixemos diferentes actividades de multiaventura como: tirolina, rocódromo, circuíto de altura....

Se queres ver fotos preme na seguinte ligazón:

 http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgandarasofan/galeria/thumbnails.php?album=76

Regueifando con Lupe Blanco

Picando na seguinte imaxe, poderedes ver un resumo do obradoiro de regueifa que impartiu Lupe Blanco o pasado xoves. Que ben o pasamos e canto aprendemos! Moitas grazas pola visita!

 

 

Celebramos o Día Internacional da Diversidade Funcional

O pasado xoves, 29 de novembro, a asociación Aloumiños agasallounos cunha sesión de teatro creativo e musical a cargo da compañía Xarope Tulú. Pasámolo en grande aprendendo sobre inclusión e diversidade.

Ao final, fixemos fotos grupais con algúns dos "personaxes" 

 

EDUCACHEF

FIXEMOS UNHA BRUXA CON FROITA

Todo o colexio, por motivo do Samaín, fixemos un obradoiro de cociña saúdable. Fixemos cunha mazá, unha cenoria, uvas ,e para decorar queixo e chocolate , unha bruxa. Pasámolo moi ben e gustounos moito. As clases de 5º e 6º divertíronse un montón!!!!!

Deixámosvos unhas fotos para que vexades o ben que estivo.

 

OBRADOIRO DO ILUSTRADOR ANXO FARIÑAS

VISÍTANOS ANXO FARIÑA

O mércores 17 de outubro visitounos á clase de 5º e 6º o escritor e ilustrador Anxo Fariña. 

Colleu a un modelo de cada clase ( Shana de 5º e Kevin de 6º) e fíxonos unha mostra de como debuxar.

NON AO LUME!!!

NON AO LUME!!

Os incendios que asolaron a nosa terra o pasado 15 de outubro deixáronnos moi tristes. Amamos Galiza, é o noso fogar. 

Aproveitando a posibilidade que nos ofrece o xornal La Voz de Galicia, que nos envía exemplares de prensa para as nosas aulas os mércores, fixemos unha fermosa actividade que nos serviu para buscar novas formas de expresar o que sentimos a través das imaxes que sacamos da prensa.

Despois xuntamos os nosos traballos e montamos este vídeo que esperemos vos guste.

 

DICCIOXOGO 5º

DICIOXOGO EN 5º

Para comezar coas actividades escolares en Lingua Galega repasamos o uso do dicionario. Para facelo algo máis divertido fixemos un xogo xenial: O Dicioxogo.

A actividade era a seguinte: tiñamos tarxetas de dúas cores: laranxa e amarela. Nunha tiñamos que apuntar unha palabra do dicionario e na outra copiar o seu significado. Despois mesturamos todas e cada un de nós recibiu catro definicións e catro palabras. A tarefa consistía en intentar emparellar as nosas palabras coa súa definición. Pasámolo pipa.

Samaín 2016

SAMAÍN 2016

O pasado 28 de outubro o cole de Sofán vestiuse de negro terrorífico para dar a benvida a unha das nosas festas máis divertidas e esperadas: O SAMAÍN!!!

Realizamos moitos xogos nos que as bruxas, arañas e cabazas eran as protagonistas. Pasámolo xenial!!

Ademais desfrutamos un ano máis do tradicional concurso de cabazas. Este curso as categorías participantes eran:

ACTIVIDADES DE VERÁN 5º

Boas rapaces e rapazas de 5º!

Aqui vos deixamos uns cantos ficheiros adxuntos con actividades de repaso de diferentes materias:

- Lingua Castelá

- Matemáticas

- Problemas

- Lecturas matemáticas da ed. Santillana

- Fichas de razonamento lóxico da ed. Santillana

Recorade que non é preciso imprimir as actividades. Basta con empregar algunha das libretas que ainda teñan espazo libre e ir copiando coma se estivesemos na clase.

Pasade un bo verán: xogade, desfrutade e descansade para comezar o novo curso coas pilas totalmente recargadas!!!

 

 

Distribuir contido